Este sábado, 18 de febreiro, o Mosteiro de Santa Catalina será o escenario da presentación de “En la falda de la bailadora”!

Comparte esta nota de prensa

Ás 18:30, coas intervencións do alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, e representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, debullarase a última publicación realizada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña; unha obra para entender o pasado aresán e proxectarse cara o futuro.

En la falda de la bailadora, do finado veciño Carlos Rodríguez Cartelle, é toda unha descrición detallada de actividades lúdicas e festivas do municipio, e máis especificamente do acervo cultural de Cervás. Un libro chave para a recuperación da Roda de Santa Catalina, a torta elaborada polos frailes do Mosteiro con millo corvo.

Non dubides en asistir ó acto e afonda na historia da localidade!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,