Esta semana, as concelleiras Noelia Montero e Victoria Montenegro, xunto con Jose Montero, dende o Club Remo Ares, anunciaron os actos que se promoverán para a presentación da tempada 2022!

Comparte esta nota de prensa

Así, mañá mesmo temos unha cita ineludible co remo local xa dende as 11:00 horas, co evento das “Sereas das Mirandas”, un proxecto pioneiro en Galicia para achegar a práctica do remo ás mulleres afectadas polo cancro de mama. Se queres saber máis, se desexas apoiar a iniciativa… esperámoste na Alianza Aresana!

Seguiremos dende as 12:00 ata as 13:30 con música, exhibición de merchandising, liscos… e chegaremos ás 19:00 horas coa presentación como tal da tempada na Praza do Palco:

  • Homenaxe ás remeiras e remeiros do Club Remo Ares.
  • Recoñecemento ao Socio de Honra.
  • Tripulación ACT 2022.
  • Presentación dos patrocinios.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña