Escolas deportivas e culturais municipais 2024-2025

Comparte este evento

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

As solicitudes de inscrición realizaranse no seguinte formulario https://forms.gle/yh4d7tdLGQnsFr2cA . Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:

  • EMPADROAD@S: do 12 de setembro en adiante ata completar grupos.
  • NON EMPADROAD@S: do 20 de setembro en adiante ata completar grupos.

A dispoñibilidade de praza e o comezo das escolas notificarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.

 

MATRÍCULAS

Do 1 ao 16 de outubro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas escolas. Estes son os prezos de matrícula estipulados.

  • EMPADROAD@S: 10,13€.
  • NON EMPADROAD@S: 18,99€.

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS

  • XADREZ (+4 ANOS)

ONDE: Na Alianza Aresana (Grupo 1) e na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Grupo 2).

CANDO: Grupo 1 (Ares): Martes de 16:00 a 17:00 h. Grupo 2 (Caamouco): Martes de 17:30 a 18:30 h.

PREZO: 9,40€ (menores) // 14,40€ (adultos).

 

  • TENIS (+6 ANOS)*

ONDE: No pavillón polideportivo municipal.

CANDO: Martes de 18:30 a 20:30 horas.

PREZO: 12,55€.

 

  • MINIBALONCESTO (6 A 16 ANOS)*

ONDE: No pavillón polideportivo municipal.

CANDO: Martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas.

PREZO: 12,55€.

 

  • XOGOS E PREDEPORTE CERVÁS (DE 5 A 9 ANOS)

ONDE: Nas instalacións da Gandeira de Cervás.

CANDO: Mércores de 16:30 a 18:00 horas.

PREZO: 12,55€.

 

  • ESCOLA C. DE TENIS DE MESA C. DE NARÓN*

ONDE: No pavillón polideportivo municipal.

CANDO: Mércores de 17:30 a 19:30 horas.

PREZO: 12,55€ (menores) // 20,67€ (adultos).

 

  • PATINAXE (+5 ANOS)

ONDE: Pista cuberta do colexio anexa ao pavillón.

CANDO: Mércores e venres de 16:30 a 17:30 horas.

PREZO: 12,55€.

 

  • ESCOLA C. DE VOLEIBOL CV NARÓN VOLEA (+9 ANOS)*

ONDE: No pavillón polideportivo municipal.

CANDO: Sábados de 11:00 a 13:00 horas.

PREZO: 12,55€.

 

  • ESCOLA C. DE VELA LIXEIRA C.N. DE ARES

ONDE: Nas instalacións do C. Náutico Ría de Ares.

CANDO: Sábados e luns de 10:00 a 13:30 (adultos) e de 15:30 a 18:30 (menores).

PREZO: 15,69€ (menores) // 23,54€ (adultos).

Sen matrícula, é obrigatorio federarse e saber nadar.

 

*Escolas que darán inicio cando finalicen as obras do pavillón deportivo de Ares.

 

ACTIVIDADES CULTURAIS MUNICIPAIS

  • ESCOLA DE MÚSICA LAURA MORGADE (+4 ANOS)

ONDE: Na aula de Cultura na rúa Zamborela.

CANDO: Luns e venres de 16:30 a 17:30  (3-6 anos).

Luns e venres de 17:30 a 18:30 (7-15 anos).

Luns e venres de 19:45 a 20:45 (+15 anos).

PREZO: 9,40€// 14,14€.

 

  • DEBUXO E PINTURA INFANTIL (+5 ANOS)

ONDE: Na aula de Cultura na rúa Zamborela.

CANDO: Martes de 16:45 a 18:15 horas.

PREZO: 9,40€.

 

  • GAITA E PERCUSIÓN CO GRUPO DE GAITAS ARESÁN

ONDE: Nas Escolas do Lago.

CANDO: Martes, xoves e domingos de 18:00 a 20:00 horas.

PREZO: De balde.

 

  • GAITA E PERCUSIÓN COA BANDA DE GAITAS RÍA DE ARES

ONDE: Nas Escolas do Lago.

CANDO: Luns, mércores e sábado de 19:00 a 21:00 horas.

PREZO: De balde.

 

  • ESCOLA C. DE DANZA MODERNA INFANTIL COMP-ARTE

ONDE: Na Sala Multiusos do pavillón municipal*.

CANDO: Nados entre o 2019 e 2021 – Xoves 16:30 a 17:30 horas.

Nados entre o 2014 e 2018 – Xoves 17:30 a 18:30 horas.

Nados entre o 2008 e 2013 – Xoves 18:30 a 19:30 horas.

PREZO: 9,40€.

 

*Provisionalmente até a finalización das obras do pavillón polideportivo de Ares, organizarase no local social de Seselle.

 

OUTRAS ESCOLES DE INTERESE EN ARES

  • KAIAK E PADELSURF. No club Marítimo de Redes. +info no 620851861.
  • FÚTBOL 8 NUMANCIA DE ARES ADR. No pavillón polideportivo e no campo de fútbol municipal de Prados Vellos. +info no 981448121 ou no 619990250 e www.numanciadeares.es.
  • CLUB DE REMO DE ARES. Nas instalacións do propio club de remo. +info no 699453195.
  • ATLETISMO. Na escola de atletismo Paula Mayobre. +info no 659258308, 660302889 ou escuelapaulamayobre@gmail.com.
  • LOITA ARES TOP GYM. No Casino Aresano, jiu jitsu e kickboxing. +info no 679862287 ou a.c.xabrega@gmail.com.
  • ESCOLA BTT PULPEIROS MUGARDOS. Na pista cuberta do CPI As Mirandas. (O alumnado ten que ter dominio básico da biciclea). +info no 621124192 ou escuela@pulpeirosmugardos.com.

 

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.

Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

As/os usuarios/as das escolas disporán dun código QR no seu móbil que permitirá o acceso á instalación e ás actividades na mesma, tras amosalo na entrada do pavillón.

O abono das mensualidades efectuarase por domicialización na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e a actividade.

As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas coa xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.

Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As escolas deportivas e culturais municipais interromperán o seu funcionamento nas datas festivas locais ou nacionais, así como nos períodos de vacacións escolares. Durarán dende outubro de 2024 a maio de 2025. As escolas de tenis, tenis de mesa, minibaloncesto e volei non teñen aínda data de comezo por mor das obras de remodelación do pavillón, polo que se informará aos interesados/as do comezo das mesmas estimándose ao longo de novembro.

É responsabilidade de cada usuario/a dispor da aptitude física e destrezas necesarias para participar nas actividades/escolas convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.

O Concello resérvase o dereito de anula unha actividade/escola por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número de mínimo de inscritos/as para que dea comezo e/ou continúe unha escola/actividade) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.

Para inscrición, poden realizarse no apartado dedicado ás escolas municipais deportivas e culturais en www.concellodeares.gal e para ampliar información, contactar a través do correo electrónico deportes@concellodeares.com ou cultura@concellodeares.com.

 

 DESCONTOS DE COTAS

  • 3 ou maís inscritos da mesma unidade familiar: 50% na matrícula + 50% na cota da escola/actividade de menor importe.
  • Familia numerosa: 50% na matrícula + 50% en todas as escolas/actividades.
  • Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.

 

 

TRIPTICO ESCOLAS MUNICIPAIS DEPORTIVAS E CULTURAIS 24-25

Pódeche interesar...

Eventos

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

As Sereas das Mirandas é o nome baixo o que se inscribe o primeiro equipo galego de remo adaptado dirixido a mulleres que padeceron un

Avisos

SendAres 2024-2025

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: RUTA 1: CIRCULAR SOARERRA-CAAVEIRO-SOASERRA (20 de outubro) https://forms.gle/R69FAigybZBLtWN88 NORMATIVA DO PROGRAMA Esta programación de sendeirismo pretende propiciar o desenvolvemento da actividade física