Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Os gañadores nas respectivas categorías foron Antón Ares Iglesias con “Ollos de Sangue” e Francisco Javier Ferro Igbinosoun con “Xaula mental”. Ambos recibiron o premio consistente nunha tablet/ebook.

Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Deste xeito, Andrea Rodríguez García con “Sombras escuras”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Sara Cartelle Castro con “A condición” recibiu o segundo premio na categoría de “ESO”.

A edil de Cultura, Alma Barrón, agradeceu a implicación do CPI As Mirandas por formalizar de novo a súa colaboración coa organización desta iniciativa “que pon o foco na conexión da mocidade co eido literario», dando a noraboa a todos os participantes pola calidade das obras presentadas.

Os criterios que tivo en conta o xurado á hora de valorar os traballos foron, entre outros, a creatividade e orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e da estrutura, o ritmo xeral da historia, os trazos estilísticos na escrita e mesmo a visibilización de temáticas sociais como foron a saúde mental e a problemática do suicidio ou a relacionada con procesos de desafuizamento.

O xurado extivo composto por Francisca Pérez, responsable da Biblioteca escolar; Rocío Pena, profesora de Historia e Pablo Rañales, periodista e escritor.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña