RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE DOUS SUBALTERNOS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL)

Publicada a lista provisional de admitidos e excluidos en data 2 de maio do 2023 e debendo enmendar a comisión seleccionadora designada pola ausencia dun membro

Esta Alcadía, en uso das competencias conferidas pola lexislación vixente, e en especial pola base 6ª das bases reguladoras de antedita convocatoria.

VEN EN RESOLVER:

Punto primeiro.– Designar Presidente da comisión seleccionadora do proceso selectivo a D. José Ángel Carballo Feijóo, Funcionario do Concello de Ares, sendo o restos dos integrantes:
Secretario: D. Manuel Larrosa Rodríguez (Secretario da Corporación)
Vocais:
Titular: D. Alfonso Portela Martínez, Funcionario do Concello de Ares.
Titular: Dna Carmen González Tenreiro, Funcionaria do Concello de Ares.
Titular: Dna Mª Concepción Dragó Porta Funcionaria do Concello de Ares.

Punto segundo.– O tribunal reuniráse para a proposta de lista definitiva de Admitidos e Excluidos no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 2 prazas de subalterno do (Plan Integrador de obras e servizos mínimos municipais da Excma Deputación Provincial) 2023 no Concello de Ares, con carácter previo á realización da proba da fase de oposición.

Punto terceiro.– Sinalar o vindeiro martes 9 de maio do 2023 ás 9:30 horas para a entrevista, fase de oposición para selección de dous subalternos/as programa PEL.

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde, en Ares, a 5 de maio do 2023, do que eu Secretario dou fe.

 

O Alcalde.        O Secretario

DECRETO en pdf