Durante esta mañá, as nenas e nenos de 6º de primaria do CPI As Mirandas traballaron no colexio público nalgúns elementos básicos para o desenvolvemento humano dende a coeducación!

Comparte esta nota de prensa

Baixo o marco da celebración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, afondaron nos modelos positivos de convivencia: aqueles que se fundamentan no respecto das diferencias entre persoas no día a día.

Rubén Villar Trenco, psicólogo da USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller, guiou á rapazada con xogos, vídeos e dinámicas grupais de participación, e tamén traballará a próxima semana con eles na contextualización dos novos conceptos de masculinidade.

Esta iniciativa, fundamentada na prevención da violencia de xénero, inscríbese nos obradoiros control off financiados polo Concello de Ares e o Pacto de Estado e organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) municipal e o CPI As Mirandas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña