A proba promoveuse ao longo da xornada do sábado e, no tocante á clasificación xeral por grupos, saldouse co equipo de Xabre A coma gañador, obtendo o primeiro posto. Noelia Montero, edil de Deportes, e Luis Cendán, en representación do Concello, formalizaron a entrega de premios e trasladaron os parabéns aos galardoados.
Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou o Open!