Dous cadros da exposición “Paisaxes de Ares e Caamouco” veñen de ser doados polo pintor Luis da Silva Santiago, o Portuxés, ao Concello!

Comparte esta nota de prensa

Esta mesma mañá, a edil de Cultura, Alma Barrón, visitou o andar superior da Casa da Xuventude para reunirse con Luis da Silva e achegarse ás composicións pictóricas que entregará tras a finalización da súa mostra pictórica.

O mar coma substrato da identidade aresá, o abano de tonalidades da luz no municipio ou a morfoloxía singular da nosa paisaxe son algúns dos aspectos que cobran relevancia no traballo artístico do Portuxés, que poderás ver ata este xoves, 15 de setembro, dende as 10:00 a 14:00 horas.

Non quedes sen botarlle unha ollada!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña