Dispositivo de tráfico para a XVIII Bandeira Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

O Concello vén de informar das medidas de tráfico que se tomarán durante a xornada do 31 de agosto, por mor da celebración da XVIII Bandeira Concello de Ares.

Así, a circulación de vehículos permanecerá cortada na contorna do Porto durante a celebración do evento, dende as 10:00 ata as 15:00 horas do domingo, excepto aqueles que teñan autorización expresa (emprego de pantalán, traballadores do eido náutico…).

Ademais, prohibirase o estacionamento en toda a zona azul da Avenida Teniente Coronel Gabeiras e tamén na Rúa Alfolí dende este venres, 29 de agosto, a partir das 22:00 horas até o propio domingo. Non haberá restricións para peatóns, que poderán acceder a calquera hora.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.