Declaración de loito oficial polo tráxico accidente do mozo Lucas Seijo

Comparte esta nota de prensa

Como testemuño do pobo de Ares polo falecemento tras o tráxico accidente do mozo de 14 anos Lucas Seijo, veciño de Chanteiro, desaparecido o pasado venres e atopado sen vida no mediodía do 28 de setembro,

Facendo uso das atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Declarar tres días de loito oficial a contar desde a sinatura deste decreto, desde as 00,00 horas do día 29 de setembro até as 23,59 horas do día 1 de mes de outubro, durante os cales as bandeiras, en todos os edificios municipais, ondearán a media asta.

SEGUNDO. Amosar a condolencia e solidariedade deste Concello e de todos os veciños de Ares á familia de Lucas Seijo.

TERCEIRO. Suspender todos os actos públicos oficiais organizados polo Concello de Ares, durante o tempo que dure o loito oficial.

A Corporación Municipal expresa o seu máis sentido pésame e condolencia á familia e amigos, pola perda do seu ser querido.

 

20240928_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2024-0816 [DECLARACIÓN LUTO OFICIAL]

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña