Lembra que mañá, sábado 4 de novembro, o narrador, músico e creador de instrumentos, Brais das Hortas, ofrecerá o seu espectáculo no CIRS de Cervás, dirixido para o público infantil e familiar.

Haberá música, humor, efectos especiais, participación activa do público, danza e mesmo a creación de instrumentos a partir de obxectos reciclados…Todo isto acompañando a unha variada selección de historias de medo que emerxen dunha maleta oculta nun faiado.

A actuación dará comezo  ás 18.00 horas, con entrada gratuíta.