Continúa a recepción de manuscritos para o “I Premio Novela Curta Alén Concello de Ares”

Comparte esta nota de prensa

Dende novembro e ata o 15 de maio, o Concello está a recibir os textos participantes no primeiro certame literario da área de Cultura que desexa pór en valor a migración dende novas perspectivas, seguindo o camiño trazado dentro do Ares Indiano.

A iniciativa, en colaboración coa editorial Hércules de Ediciones, insta ós escritores/as a presentar un único traballo en lingua galega, orixinal e inédito, no que aparecerá recollida a emigración galega preferentemente de alén mar, aínda que poderá referirse a calquera outra do mundo. Con todo, non é necesario que a novela teña coma eixo principal a migración, pero si deberá formar parte da trama ou da vida dalgunha das personaxes.

Os manuscritos deberán ter unha extensión mínima de 80.000 e máxima de 140.000 caracteres con espazos, mecanografados a unha soa cara en Times New Roman, tamaño 12. Presentaranse tres exemplares separados, debidamente grampados ou encadernados, co título da obra e o pseudónimo do autor/a. Ademais dos exemplares físicos, deberase incluir un CD ou pen drive co arquivo dixital en formato OpenOffice, Word ou similar, e a plica coa información identificativa do escritor/a.

O premio será de 2.000 euros, en pago único e indivisible, e o manuscrito gañador publicarase dentro do catálogo de Hércules de Ediciones.

Consulta todas as BASES do certame: https://concellodeares.com/bases-i-edicion-do-premio-de-novela-curta-alen-concello-de-ares/

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña