Tomade nota, porque na tarde do sábado, 24 de xaneiro, a cabalgata de Papá Noel realizará un percorrido dende Redes (16:30 h., Praza do Pedregal), pasando polas diferentes parroquias que integran o noso Concello, ata a Alianza Aresana. Alí, aproximadamente ás 18:45 horas, deixará o seu trineo para recibir xunto aos seus axudantes a todos os nenos e nenas que desexen coñecelo de preto.
Con todo, se o tempo non o permite, a cabalgata fará só visita ás parroquias e acortará o percorrido para ir directamente á recepción na Alianza Aresana.
A iniciativa promóvese a partir do traballo conxunto da Concellaría de Cultura e a Sociedade Cultural O Tilo e a colaboración de Protección Civil de Ares e Policía Local!