Conclúe a cuarta charla da Academia AresXSalud

Comparte esta nota de prensa

Os ciclos hormonais da muller, a regulación menstrual ou mesmo como levar unha boa alimentación foron algúns dos temas que agromaron o venres, 15 de marzo, na Alianza Aresana, no marco da charla divulgativa que impartiu Camilo Prieto Rivas, da clínica maSSalud.

A sesión, que forma parte dunha das seis ponencias de ‘Academia AresXSalud’ das Concellarías de Benestar e Deporte, serviu para coñecer máis e mellor o corpo feminino, mais tamén as necesidades biopsicosociais da muller no século XXI.

Academia AresXSalud continuará xa a mediados de abril coa penúltima sesión do ciclo formativo, desta volta sobre a activación dos adultos maiores.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña