Concentración o próximo xoves, 2 de xuño, ás 20.00 horas, ás portas da Casa Consistorial de Ares, convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e Comarca

Comparte esta nota de prensa

A Plataforma en Defensa dun Transporte Público Digno convoca unha nova concentración para reclamar a mellora das comunicacións da comarca de Ferrolterra e que se restablezcan como mínimo as frecuencias de autobús que operaban coa anterior adxudicataria.

Nesta ocasión será en Ares e celebrarse o xoves, día 2, a partir das 20.00 horas, diante do edificio do Concello.

Desde dúas horas antes da mobilización, representantes da Plataforma instalaranse no paseo marítimo co obxectivo de que os usuarios do transporte público poidan cumplimentar a enquisa elaborada co obxectivo de obter datos sobre a opinión e necesidades da poboación que será posteriormente trasladada á Xunta.

A enquisa estará, ademáis, a disposición dos veciños e veciñas nos próximos días no propio Concello, ao igual que o escrito para a recollida de sinaturas co que os municipios afectados instan a dar unha solución inmediata á problemática das deficiencias no transporte.

A concelleira de Mobilidade do Concello de Ares, Lucía Blanco, anima á veciñanza a participar nesta concentración por un mellor servizo de transporte en todo o ámbito do territorio municipal e comarcal. A concelleira Lucía Blanco insistiu na “degradación do servizo público” que supoñen a suspensión de paradas e liñas, o abandono de traballadores e estudantado sen alternativas de transporte público ou o aumento de duración dos traxectos, salientando a necesidade de “demandar un transporte público de calidade adaptado ás necesidades dos usuarios e usuarias”.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña