Completada a terceira ruta do SendAres!

Comparte esta nota de prensa

O domingo un grupo de vintecinco sendeiristas mergullouse no Val do Dubra, participando no terceiro itinerario organizado pola Concellaría de Deportes en colaboración con Kapitrek.

A ruta circular de 14 quilómetros, que tivo o seu punto de partida en Bembibre, levou aos participantes por paisaxes pintorescas, destacando a presenza de bosques de carballo común e outras especies como cerquiños, sobreiras, acivros ou castiñeiros. No camiño puideron ver tamén vivendas tradicionais que seguen a arquitectura típica das agras coruñesas, ou admirar a Capela de San Xoán Bautista, que se remonta ao século XVII. A zona do Rexedoiro, coa súa espectacular fervenza, foi outro dos puntos destacados da travesía.

En definitiva, foi unha experiencia diversa, viaxando entre bosques, ríos e aldeas de gran beleza!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,