Comezan os traballos que adecuarán o aparcadoiro próximo á Reitoral

Comparte esta nota de prensa

A intervención incorporará losa céspede en cada unha das prazas de estacionamento, instalará novo alumeado público de tipoloxía LED e realizará un aglomerado do vial de acceso.

A Concellaría de Urbanismo vén de informar do arranque das obras no aparcadoiro anexo a Cortiñas Gil e á rúa Reitoral, un dos principais espazos para o estacionamento de vehículos dentro do núcleo urbano de Ares. Trátase dunha actuación que mellorará o estado xeral da infraestrutura e suporá un investimento de 59.012,29 euros repartidos entre os fondos municipais e Turismo de Galicia, organismo pertencente á Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta.

Os traballos centraranse na substitución da zahorra compactada —que presenta facilidade para desgastarse ante as manobras de coches e inclemencias metereolóxicas— por losa céspede en cada unha das prazas de aparcamento. Ademais, colocaranse varias luminarias de tipoloxía LED e, á entrada, se instalará unha unidade de carga de vehículos eléctricos. Ao remate da intervención, a área contará con preto de 50 prazas de estacionamento.

Con todo, a adecuación que se vén de poner en marcha tamén repercutirá positivamente no acceso, repoñendo o aglomerado asfáltico deteriorado por un novo que redunde nun aumento da seguridade viaria. As obras, que se focalizan actualmente no movemento de áridos para asentar a losa céspede, presentan un prazo de execución estimado de mes e medio.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña