Comezan os traballos previos na senda peonil Ares-Redes

Comparte esta nota de prensa

A concellaría de Urbanismo informou hoxe do avance dos traballos previos na DP-0401 Ares-Redes que darán paso á construción da senda peonil ao longo de todo o tramo. Os traballos, iniciados a pasada semana co correspondente marcado topográfico da senda, céntranse nestes días nas labores propias de baixada de liñas e a retirada de postes e árbores da zona de expropiación.

Tal e como se detallou, estes traballos se constitúen como a fase preparatoria dunha actuación de gran valor para o municipio e, cando finalicen os mesmos, comenzará a construción da senda peonil, unha obra que responde, segundo a concelleira, Olimpia Marcos, “a una reivindicación histórica da veciñanza de Caamouco e que permitirá a mellora da seguridade tanto dos vehículos como dos peóns nun vial moi transitado”.

As obras supoñen un importante investimento de 748.038 euros e implicarán a construción dun total de 3,2 quilómetros de beirarrúas de dous metros de ancho, que transcorrerán na súa maior parte sobre a marxe dereita (agás do punto quilométrico 2+960 ao 3+200 para evitar afeccións ao peche da Villa Santa Amalia). As tarefas incluirán tamén un muro de contención entre os puntos quilométricos 2+636 e o 2+650 para evitar a invasión excesiva das parcelas anexas, así como a ampliación da drenaxe existente, instalacións de nova sinalización e reposición de pavimentos afectados.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña