Comezan as actividades polo Día das Letras Galegas en Ares

Comparte esta nota de prensa

As actividades que programou a Concellaría de Cultura co galo do Día das Letras Galegas arrancarán mañá, xoves, 16 de maio, co espectáculo ‘Indóciles’, unha mestura de poesía, música e narración oral a cargo de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, para homenaxear o legado e a voz poética de Luísa Villalta, unha das figuras con máis forza da literatura galega.

Continuará a programación cultural o sábado, 18 de maio, ás 12:00 horas, coa presentación da primeira novela en galego de Pablo J. Rañales, Os afogados, gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa 2023 da editorial Galaxia. Será en formato vermú  na rúa Solín, no paseo marítimo da localidade ou, se a climatoloxía non acompaña, no interior do Estuary Bar. Conversará coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, sobre as temáticas dunha novela que reflexiona sobre a relación coa natureza, os discursos de odio e a función da ciencia no mundo contemporáneo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña