Cine de verán: unha aposta segura para todos os públicos no verán de Ares

Comparte esta nota de prensa

Onte se proxectou a primeira película das tres que recalarán no municipio ao longo deste mes e o seguinte, desta volta con “Padre no hay más que uno 2”.

O ciclo de proxeccións de películas durante o período estival iniciou onte a súa programación na Praza da Constitución da vila con éxito e boa afluencia de público. A actividade, que se constituíu na parte central da pandemia coma unha opción para a revitalización do tecido social do municipio pola súa seguridade sanitaria, achegou á veciñanza a comedia dirixida, escrita e protagonizada por Santiago Segura “Padre no hay más que uno 2”.

Con todo, esta edición do cine de verán que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña contará, a maiores da proxección de onte, con dúas sesións máis na Praza da Constitución, centradas no público infantil e familiar.

O 22 de xullo poderase desfrutar do filme “Valentina” (22:30 horas), Goya á mellor película de animación de 2022 e a primeira longametraxe da directora galega Chelo Loureiro. Narra a historia de Valentina, unha nena que desexa ser trapecista mais que pensa que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. Será a súa avoa quen a anime a seguir o seu soño e continuar sempre cara adiante.

Xa no próximo mes, proxectarase o 11 de agosto (22:00 horas) “Bella y el circo mágico”, un relato sobre a maxia da amizade ao longo dunha aventura por estrada para salvar o circo de Bella, a protagonista do filme.

Estas tres películas integrarán un ano máis todo o ciclo de cine de verán, dende a comedia á animación infantil, mantendo a máxima de apostar pola cultura ao aire libre.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña