Chega a Ares a novena edición da Feira Rociera Solidaria

Comparte esta nota de prensa

Un ano máis, a Asociación Ares Solidario, en colaboración co Concello e a Xunta Local da Asociación Española contra ao Cancro, organizará mañá, 25 de maio, na Praza da Constitución, este evento cheo de música, desfiles e vestidos que nos levan ao pleno sur da Península Ibérica.

A iniciativa arrancará ás 18:30 horas co desfile polo paseo marítimo, acompañadas da carroza da Sociedad cultural O Tilo e amenizado por Os Pimos, dirixíndose despois á contorna do Palco para gozar das actuacións do Grupo Azahar de Ares, o Grupo Tirititrán de Ferrol e o Coro Rociero Casa de Andalucía. Haberá a oportunidade de probar os ‘rebujitos’ e incluírase tamén venda de doces e salgados.
Se queres somerxerte nun ambiente diferente, amais de colaborar na loita contra o cancro, toma nota na axenda e achégate até a Praza da Constitución.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña