CENTRO DE MAIORES
O centro municipal de maiores de Ares está situado na Praza da Constitución do núcleo urbano, no actual edificio de Servizos Sociais. É un espazo disposto para todas as persoas que queiran acudir e permanecer nel no seu horario de apertura: de 16.00 a 19.00 horas, aproximadamente, tanto en inverno coma verán, de luns a sábado.
Está xestionado integramente polo Concello e configúrase coma un lugar de ocio, con múltiples actividades orientadas a promover a socialización e o desfrute no tempo libre das persoas maiores.