PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES
Praza dos Reais Alfolíes O predio que aínda ostenta o emblema de El Alfolí, hoxe vivenda particular, é o resto vivo das vellas instalacións dos Reais Alfolíes en Ares. Os Alfolíes eran unha estrutura comercial e administrativa dependente da coroa, onde se almacenaba e distribuía o sal, e se regulamentaba o seu tráfico, fundamental nas […]
TORRE DO RELOXO
Praza da Igrexa A torre do reloxo, emblema da vila, foi construída no século XVIII, por emprendimento municipal, co fin de dotar á vida aresana dun sistema horario colectivo e dunha campá para avisos propios do Concello. Situouse a carón da igrexa de San Xosé, centro da vida comunitaria, e á beira do río da […]
PALCO, CASA PEREGRINA (Real, 27) E CASA FINA CANCELA (Anxos, 34)
Praza do Concello Vello Na Praza do Concello Vello, centro da vida social aresana durante a época modernista, aínda é posíbel admirar diversos exemplos da arquitectura indiana, como a Casa de Fina Cancela, situada na extrema da Rúa dos Anxos, dotada de alta galería de remate, que daba galanura a un conxunto formado polo predio […]
MUSEO SALAZÓN
Rúa Santa Bárbara, 3 A estrutura deste predio reflicte aínda a arquitectura característica das fábricas e almacéns destinados á salazón, que chegaron a ocupar toda a beiramar da vila e dos que hoxe apenas restan algúns exemplos. Foi remodelada como taberna pola familia da Pedrafeita, a muller que a mercou, respeitando a estrutura tradicional e […]
CASA ANTONIO VILAR
Rúa Fomento, 2 Vivenda de orixe peculiar que se remonta a 1884, cando o italiano Francisco Rebatto compra o terreo e constrúe unha salgadeira. A principios do século XX, Antonio Vilar, emigrante en Cuba, refórmaa como vivenda de forte impronta modernista, na que aínda atopamos a pegada da vella fasquía fabril no patio interior e […]
CASA NICOLÁS LÓPEZ CANCELA
Rúa Real, 73 O emigrado na Habana, Nicolás López Cancela, adquire e rehabilita a casa do número 73 da Rúa Real no ano 1922. Se reparamos, a estrutura é semellante á da típica casa vilega do século XIX. A remuda acrecenta as galerías, as varandas, e sobre todo o lucernario, que achegan ao predio o […]
Casas Irmás Josefa e Sara Ramos Bugallo (Real 64)
ESCOLA “ALIANZA ARESANA”
Rúa María, 11 A escola da “Alianza Aresana” é o gran símbolo da sociedade de instrución que desde América revolucionou o ensino galego de principios do século XX, inspirando a creación de sociedades e escolas indianas por ducias de vilas galegas. A escola, situada ao lado da igrexa parroquial de Ares, péchase cunha muralla de […]
Parque Rosalía
Parque Rosalía É a contorna perfecta para gozar dunha tarde entre amigos ou familia. O Parque Rosalía sitúase no centro do pobo e á beira da praia. Os aldeáns coñecen a zona como “O Piñeiral” e as súas grandes dimensións permiten ver a persoas gozando de diferentes actividades no seu tempo libre.
A Bailadora e O Segaño
Punta Segaño e Bailadora Situado no centro do pobo fai que todo aquel que entre no carreiro penétrese no medio da natureza. É o lugar perfecto para os amantes da fotografía e as aves. Ademais, os máis pequenos gozan deste paseo fluvial, xa que en numerosas ocasións hai patos a menos dun metro de distancia.
As Mirandas e Coitelada
As Mirandas e Coitelada Se a súa intención é gozar do mar e ver un espectáculo de ondada, a natureza de As Mirandas e de Punta Coitelada permitiranlle ver un festival de ondas rompendo fortemente contra as rocas. A súa localización máis afastada do centro da vila e o longo paseo que conduce aos mesmos […]
A Cova dos Mouros
A Cova dos Mouros A Cova dos Mouros é unha cova escavada nun pequeno cantil situado na costa. Conta cunha altura aproximada na súa entrada de 1,8 metros que segundo avanza diminúe e o seu ancho aproximado é de 1 metro. Está situada no medio da natureza e a súa forma e localización dan lugar […]