Ares celebrou onte por partida dobre!

Cumpríronse 119 anos da Alianza Aresana de Instrucción, mais tamén se entregou o “I Premio Lazos Coruñeses con América Latina ao CPI As Mirandas”, o galardón da Deputación da Coruña que recoñece a calidade do traballo “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”, que realizou o alumnado do centro […]

Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares, e Alma Barrón, concelleira de Cultura, veñen de visitar o Consulado de Cuba en Santiago de Compostela para coñecer á súa nova cónsul, Ingrid Izquierdo, nombrada en novembro de 2022.

O encontro entre ambas partes realizouse o venres pasado, 17 de marzo, e serviu para estreitar lazos e procurar novas vías de colaboración, amais de abordar os vencellos histórico-culturais que unen Galicia e Cuba, especialmente con Ares e co seu pasado indiano. A cónsul Ingrid Izquierdo tamén regalou á nosa vila o exemplar de “Versos” […]

A Alianza Aresana de Instrucción cumpre 119 anos

Hoxe, 20 de marzo de 2023, celebramos un aniversario especial! É o momento de conmemorar os 119 anos da fundación da Alianza Aresana de Instrucción na Habana, a agrupación de emigrantes aresáns que democratizou a educación no municipio sufragando eles mesmos a construción da primeira escola da emigración galega, un espazo á vangarda da súa […]

Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior nas zonas de Avda. Mugardos e Cales Carmen, Franxa, Porta do Sol, Real e San Antonio. Concello de Ares

O Concello de Ares, a través das axudas a Entidades Locais para proxectos de investimento en economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sustentable 2014- 2020, convocadas polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) do Ministerio da Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, recibiu unha axuda do […]

Arrancan as obras de rehabilitación do segundo edificio das Escolas do Lago

Executarase unha renovación integral do conxunto arquitectónico, intervindo en cubertas, tabiquería interior, pavimentos, electricidade, aseos ou pintura, entre moitos outros elementos. Os traballos tradúcense nun investimento de 273.073,06 euros para reformar a infraestrutura inaugurada en 1955 cun deseño do arquitecto Rodolfo Ucha. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar hoxe mesmo do inicio das obras […]

Ares volve a ser escenario de rodaxe

O paseo marítimo da nosa localidade acolleu na mañá de onte, mércores, 15 de marzo, unha nova gravación audiovisual; a veciñanza puido ver o trasfego do equipo técnico e artístico, unhas 30 persoas, encargado da producción da serie “Saudade de Ti” para a TVG. Desta volta, Ares converteuse no espazo protagonista dunhas secuencias de diálogo […]

Esta fin de semana arranca a segunda edición do DegustAres!!

Nas xornadas do 18, 19, 25 e 26 de marzo, poderás desfrutar da gastronomía de Ares co concurso de pinchos que promove a Concellaría de Comercio. Achégate aos 11 establecementos adheridos á iniciativa gastronómica, degusta as tapas e puntúa os tres mellores pratos! Se cubres toda a cartilla, entrarás no sorteo de 5 vales de […]