O Concello de Ares e o CPI As Mirandas lanzan a terceira edición do Concurso de Microrrelatos Escolares.

A Concellería de Cultura e o colexio municipal de Ares renovaron o seu compromiso de colaborar neste certame literario, que ten como obxectivo principal fomentar a creatividade e a paixón pola escritura entre a xuventude do municipio Establecéronse dúas categorías, unha para estudantes de primaria (4º, 5º e 6º) e outra para estudantes de ESO. […]
O Club de Montaña Ferrol organiza a “I Andaina Costa de Bezoucos”, un percorrido de 30 quilómetros pola costa dos municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos

O evento deportivo, que se desenvolverá o próximo 22 de abril, foi presentado oficialmente onte na alcaldía do Concello de Ares, co Presidente do Club de Montaña Ferrol, Xan Ramírez, ao fronte, para dar a coñecer todos os detalles desta iniciativa que hibrida deporte e natureza ao longo de 30 quilómetros da península de Bezoucos, […]
O Concello de Ares volve organizar unha excursión!

Nesta ocasión, o destino é Portugal, visitando os pintorescos pobos de Valença, Vila Nova de Cerveira e a Fortaleza. A data da saída é o 3 de xuño e a concellaría de Benestar encárgase da organización. O prezo da viaxe é de 25 euros, con comida e autobús incluídos. As prazas son limitadas. Se estás […]
O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe mesmo instalado en Seselle!

Lembra que permanecerá alí toda a semana. Poderás achegarte para depositar nel os teus residuos domésticos especiais tales como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros. Tras esta ubicación, o Punto Limpio Móbil continuará co seu itinerario mensual polos lugares de Besoxo e Chanteiro
A Xefatura Territorial da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade informa das solucións para os desvíos temporais nos servizos de transporte público afectados polas obras do Ministerio de Transportes na Avenida das Pías de Ferrol, que surtirán efecto a partires do 11 de abril.

As liñas que conectan Ferrol con Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Vigo accederán directamente á AP-9 desde a estación de autobuses. O resto das liñas engaden no novo percorrido paradas na avenida de Esteiro, na rúa Telleiras e na avenida Castelao, ademais da parada Mercado Recimil nas liñas que teñen cabeceira na praza de […]
O Concello rehabilitará o lavadoiro de A Torre en Cervás

Ares rehabilitará o lavadoiro de A Torre, en Cervás, tras ver confirmada una subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Así o informou a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, unha vez que o Concello vén de recibir por parte do Instituto de Estudos do Territorio a concesión dunha axuda por importe de […]
Exposición pública do censo electoral

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL En relación coa convocatoria de Eleccións Locais 2023 o que terán lugar o vindeiro 28 de maio, o prazo de CONSULTA PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL SERÁ DO 10 DE ABRIL AO 17 DE ABRIL DO […]
Bases para a contratación laboral temporal dun Oficial de 1ª de Maquinaria para departamento de Obras e Servizos do Concello (PT BOP. Nº. 62 de 31-03-17)
1.- Obxecto da convocatoria: O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal dun Oficial 1ª de maquinaria para o departamento de obras e servizos. Dito posto se corresponde coa RPT aprobada na sesión plenaria do día 30-01-2017 e publicada no BOP núm. 62 de 31 de marzo de 2017). A urxente necesidade da […]
Este luns os máis pequenos tiveron a ocasión de desfrutar do contacontos “Paxariños” na Biblioteca municipal

Un espectáculo que serviu ademais para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil. E onte tocoulle o turno a un obradoiro para a procura de ovos de Pascua. Dúas actividade do máis divertidas coas que fomentar a aprendizaxe creativa e o hábito da lectura entre o público máis novo. Aquí podemos botar unha ollada […]
O Club de Montaña de Ferrol organiza un evento deportivo e de natureza denominado “I Andaina Costa de Bezoucos”, que permitirá aos amantes do deporte explorar a costa dos municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos nun itinerario circular de 30 quilómetros pola península de Bezoucos.

O percorrido, que terá lugar durante a xornada do 22 de abril e partirá desde a praia de Madalena en Cabanas, incluirá unha camiñada por un tramo de Fene, a costa de Ares desde Redes ata Chanteiro e finalizará en Mugardos, antes de regresar a O Seixo. A actividade, calificada desde a organización como de […]
O Servizo Municipal de Augas lembra que vén de habilitar unha nova opción máis rápida e sostible para recibir as facturas da auga en formato PDF por correo electrónico.

Se estás interesado/a en deixar de recibir facturas en papel, só debes contactar a través do correo electrónico servizo.augas@concellodeares.com e indicar un correo electrónico no que recibir a túa factura. Este novo método non só é máis rápido e cómodo, senón que tamén é unha medida sostible que nos axuda a reducir o impacto no […]
Lembra que aínda tes a oportunidade de presentar o teu manuscrito ao “I Premio Novela Curta Alén Concello de Ares”, xa que a convocatoria permanece aberta ata o 15 de maio.

Anímate a preparar a túa obra literaria e participar nesta iniciativa promovida pola Concellería de Cultura e Hércules de Edicións. O obxectivo do certame é poñer en valor a migración galega desde novas perspectivas, especialmente aquela que ocorre alén do mar, aínda que se aceptan obras que traten sobre calquera outra migración do mundo. É […]