Aviso: Concello de Ares

O próximo luns, 22 de maio, as dependencias municipais permanecerán pechadas con motivo da festividade dos traballadores das administracións locais.
A fuxida do bou “Ramón”, novamente en Ares.

Esa historia de sacrificios e solidariedade, de loita pola vida e a liberdade, volveu ser lembrada o pasado luns no CPI As Mirandas da localidade. O relato de como 27 republicanos da nosa comarca, en xullo de 1939, puxeron a salvo as súas vidas partindo de Ares, nese vapor, e chegando a Francia e a […]
A oitava Feira Rociera solidaria está lista para celebrarse en Ares, o evento benéfico organizado polo Ares Solidario en colaboración co Concello e en apoio á Xunta local da Asociación contra o Cancro.

Mañá sábado, 20 de maio, os participantes desfilarán a partir das 18:30 horas polas rúas ataviados ao estilo do Rocío, culminando no palco da Praza da Constitución. A festa promete ser unha mestura de alegría e solidariedade, coa participación da Asociación cultural O Tilo, o grupo Os Pimos e as bailaoras dos grupos Azahar de […]
Nova charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares

Os profesionais sanitarios do centro de saúde do municipio organizarán este martes, 23 de maio, ás 10:00 horas unha sesión formativa centrada na alimentación na menopausia. Nesta ocasión a charla será impartida pola dietista-nutricionista Iria González Fraga. Se estás interesado/a en aprender da man dos expertos máis próximos a nós inscríbete no mesmo mostrador do […]
O galego dá moito xogo!

Este xoves, 18 de maio, celebrouse unha carreira de relevos en Ares para festexar co deporte e coa lingua o Día das Letras Galegas 2023. A actividade consistiu nunha “Carreira de relevos pola lingua” na que participou o alumnado do CPI As Mirandas. A carreira contou cuns relevos cooperativos e ao remate montouse un crebacabezas […]
A Biblioteca Municipal celebrou o Día das Letras Galegas dunha forma diferente e moi creativa!

Foi este luns co obradoiro de lettering “A arte de debuxar as letras”, dirixido ao público de 8 anos en diante. Os asistentes usaron fragmentos de autores en lingua galega e debuxaron as súas letras coa técnica do lettering, utilizando diferentes tipografías para crear obras artísticas e visualmente moi atractivas. Os resultados foron espectaculares!
No marco da programación do Día das Letras Galegas 2023, o Concello ofrece o próximo luns, 22 de maio, o espectáculo de narración oral e monicreques “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”, da compañía Fantoches Baj.

A produción, dirixida ao público familiar, está baseada na obra 𝐺𝑎𝑙𝑖𝑐𝑖𝑎, libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado deste ano. A representación celebrarase no salón de actos da Alianza Aresana, a partir das 18.00 horas. A entrada é gratuíta e non require reserva previa. A actividade conta co apoio do […]
A Casa da Xuventude acolle a exposición “Na Flor da Vida”, do pintor Luis da Silva Santiago

A obra pictórica de Luis da Silva Santiago (O Portuxés) estará dispoñible ata o día 30 deste mes, nas instalacións do edificio municipal. A Concellaría de Cultura da localidade inaugurou esta mañá a nova exposición pictórica que albergará a Casa da Xuventude para achegar a obra de Luis da Silva Santiago, “O Portuxés”. Baixo o […]
O Mosteiro de Santa Catalina contará cunha nova Iluminación Ornamental

O Concello de Ares anunciou a concesión da subvención que permitirá levar a cabo a actuación para dotar ao Mosteiro de Santa Catalina dunha nova iluminación ornamental. O investimento total para este proxecto, que ascende a 47.805,96 euros, será financiado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achegará 30.000 euros, e as arcas municipais. […]
Celebra as Letras Galegas asistindo ao concerto da Rondalla Trovadores!

A actuación da agrupación musical terá lugar mañá, día 17 de maio, no Casino Aresano, a partir das 19.00 horas, con entrada de balde.
Proposta de contratación e puntuacións no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, Para A Contratación Laboral Temporal De 4 Peóns PEL
ANUNCIO Vista a Acta do dia 16 de maio de 2023 do Tribunal calificador do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal de catro peons (Plan integrador de obras e servizos minimos municipáis da Excma Deputación Provincial), nomeado por Resolución da Alcaldía nº 264/2023 de 05/05/2023 faise pública a relación de aspirantes e […]
O punto limpo móbil vén de ser instalado na contorna de Lubre!

Desde hoxe ata a finalización da semana, xa podes achegarte alí a deixar teus residuos domésticos especiais. Lembra que o itinerario do punto limpo ten previsto a súa próxima parada no lugar de Pedrós.