Ares organiza unha viaxe a Cerceda para gozar do seu parque acuático.

A Concellaría de Cultura organizou esta actividade para o 28 de xuño, que inclúe no seu prezo transporte, desprazamentos e a asistencia de monitores. As inscricións abriranse o 19 de xuño de maneira presencial na biblioteca municipal de Ares. A área de Cultura do municipio anunciou unha nova proposta que permitirá ás familias e aos […]

BANDO: celebración da noite de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE  DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER:  Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras,  e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º […]

O Concello presenta a oferta deportiva municipal para o verán: Campamentos deportivos urbáns, Xogos nas parroquias, Xuventude Verán Activo e Móvete VeranAres

A área de Deportes desprega unha ampla planificación que abrangue dende os máis pequenos, con xogos nas parroquias e un campamento urbán, á mocidade, incluíndo 9 programacións como manexo de drons, grappling ou danzas urbanas. O período de inscrición abrirá este luns, 12 de xuño, ata o luns, 19 (no caso de empadroad@s). Dende o […]

VeraneARES DEPORTIVO 2023

Descubre as principais propostas deportivas municipais ENLACE FORMULARIO INSCRICIÓNS: O período de inscrición abrirá este luns, 12 de xuño, ata o luns, 19 (no caso de empadroad@s). Dende o 21 en adiante, poderán solicitar prazas o resto de persoas. CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN VERANEARES DEPORTIVO 2023: https://forms.gle/ptAeQKjLukqG6bcq7 XOGOS NAS PARROQUIAS VERANEARES DEPORTIVO 2023: https://forms.gle/ueMuq4iDw9QL9u6t5 XUVENTUDE VERÁN […]

Non esquezas que o prazo para inscribirte no último roteiro do programa de sendeirismo municipal, SendAres, está a piques de finalizar. O día 11 de xuño é a data límite para apuntarse, e as prazas son limitadas. Quedan poucas prazas dispoñibles!

Este roteiro levarate a percorrer a costa do Golfo Ártabro, desde Ares ata Chanteiro. Será unha experiencia incrible, cun percorrido de 14 quilómetros e un nivel de dificultade media-baixa. Ademais, o prezo da actividade, establecido en 8 euros, inclúe o transporte de volta a Ares desde Chanteiro, seguros e servizos de guía. Anímate a participar […]

Inicio das obras de rehabilitación do Lavadoiro de a Torre en Cervás

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, informou hoxe que se deron comezo ás obras de rehabilitación do lavadoiro público de A Torre, situado na parroquia de Cervás. Esta iniciativa municipal conta coa axuda económica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través dunha subvención tramitada polo Concello ante o Instituto de Estudos […]

Ares acollerá a XV Edición do Campus Chiquibásquet

A concelleira de Deportes, Noelia Montero, e Chiqui Barros, do Campus, presentaron un ano máis a tradicional iniciativa centrada na formación en baloncesto para os mozos e mozas de 5 a 18 anos. Organizarase do 31 de xullo ao 4 de agosto, en horario de tarde, de 18 a 21:30 horas, no pavillón deportivo municipal […]

Listaxes de admitidos e de agarda do programa ConciliAres 2023

Achegamos As catro listaxes das quincenas de Xullo e Agosto do Programa, tendo tres días naturais para posibles reclamacións. Remarcar a gran demanda deste servizo, en torno as 70 solicitudes por cada quincena , sendo 40 prazas finalmente por quincena. Así mesmo, se habilitarán as listaxe de agarda, dando dez días de confirmación por quincena […]