Completada a última ruta do SendAres 22-23!

O programa de sendeirismo municipal iniciou onte o seu percorrido final polas impresionantes paisaxes do Golfo Ártabro. Despois de oito rutas que levaron aos excursionistas por diversos lugares, esta última saída permitiu aos participantes gozar dunha pintoresca viaxe costeira dende Ares ata Chanteiro, visitando espazos cun importante patrimonio natural. No seu percorrido polo Golfo Ártabro, […]

A exposición fotográfica “Capturando a Natureza” de Lost in Woodlands Photography, do fotógrafo Álvaro Lamas, deu comezo hoxe na Casa da Xuventude

Álvaro Lamas explorou as paisaxes de Ferrolterra, Ortegal, Mariña Lucense e os seus arredores, e agora tráenos unha selección de imaxes que nos transportarán a estes lugares. O seu proxecto fotográfico, Lost in Woodlands Photography, revela en cada instantánea a súa visión e interpretación da natureza nestes rincóns da xeografía máis próxima a nós. A […]

Lembra que os prazos de inscrición para a programación deportiva municipal de verán en Ares están activos!

A concellaría de Deportes preparou un amplo abanico de actividades para todos os grupos de idade, combinando a conciliación, práctica deportiva, diversión e aprendizaxe. A oferta abarca desde os máis pequenos, cos campamentos deportivos urbanos e xogos nas parroquias, ata os mozos, co programa “Xuventude Verán Activo”, que inclúe actividades como manexo de drons, deportes […]

Listaxes de admitidos definitivos do programa ConciliAres 2023

Axuntamos os catro listados das quincenas de xullo e agosto do programa de admitidos no Programa Concilaires 2023, os listados de espera se axuntaran nos vindeiros dias. Os admitidos/as en cada quincena disporán dun prazo máximo para facer o ingreso da cota, que se lles facilitara a partir do mércores 14 de xuño no departamento […]

Ares celebrará a XII Edición do Mercadillo Veciñal de Segunda Man e Artesanía

A XII edición do Mercadillo Veciñal de segunda man e artesanía levarase a cabo no paseo marítimo de Ares durante toda a xornada do domingo 9 de xullo, desde as 9:00 ata as 21:00 horas. Este evento permitirá ás persoas intercambiar, comprar ou vender produtos de segunda man e artesanías. O Concello abrirá as inscricións […]