O Concello anunciou a licitación da obra de mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos, co obxectivo de incrementar a súa eficiencia enerxética.

Cun investimento de 195.000 euros, esta actuación busca intervir no edificio de vestiarios para mellorar tanto a eficiencia enerxética da súa estrutura como das súas instalacións. O proxecto será levado a cabo mediante unha subvención solicitada ao Fondo de Cooperación Local da Xunta, así como con fondos municipais. As melloras incluirán diversas accións, como a […]

Adxudicados os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da Rúa Os Anxos

A Concellaría de Urbanismo vén de informar da adxudicación das obras nun tramo da  rúa Os Anxos (desde o cruce da rúa San Xosé ata a altura da rúa Irmáns Bugallo), unha actuación que permitirá mellorar os servizos e os pavimentos. A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 100.000 euros, asumidos entre o Concello e […]

Esta mañá, o Concello de Ares recibiu a visita de Juana Caridad Fernández, Presidenta da Agrupación de Sociedades representativa de Municipios e parroquias de Galicia en Cuba, acompañada por Xosé Isidro Cillero Prieto, Presidente da Asociación Cultural Amigos da liga Santaballesa.

Na recepción estiveron presentes como representantes municipais, o alcalde Julio Iglesias, a concelleira de Cultura Alma Barrón e, por parte da Agrupación Instructiva de Caamouco, a integrante da directiva Cristina Cadena. Esta visita enmárcase dentro do proxecto “Visitas por Galicia ás antigas sociedades galegas de instrución e recreo”, impulsado pola liga Santaballesa, que busca establecer […]

O Concello presenta a programación cultural para este verán.

Ademais das propostas deportivas e turísticas, a área de Cultura deseñou un programa completo e variado que busca dinamizar e entreter a todos os públicos. Baixo a dirección de Alma Barrón, responsable de Cultura, revelouse hoxe o tan esperado programa do VeraneAres cultural. Esta planificación permitirá que a localidade de Ares conte cunha oferta cultural […]

A área de Urbanismo da localidade, informou de que nas pasadas semanas remataron os traballos de urbanización de dous viais municipais, en concreto, no lugar de Chanteiro

As intervencións que veñen de ser rematadas recentemente, afectaron ao camiño Real a ao camiño do Cruceiro do mencionado lugar. En ambos viais executouse unha pavimentación en rego asfáltico, mellorando e unificando significativamente os seus trazados. O investimento total das actuacións ascendeu a un importe de 47.531 euros. Ditas actuacións foron tramitadas polo Concello perante […]

Completada a última ruta do SendAres 22-23!

O programa de sendeirismo municipal iniciou onte o seu percorrido final polas impresionantes paisaxes do Golfo Ártabro. Despois de oito rutas que levaron aos excursionistas por diversos lugares, esta última saída permitiu aos participantes gozar dunha pintoresca viaxe costeira dende Ares ata Chanteiro, visitando espazos cun importante patrimonio natural. No seu percorrido polo Golfo Ártabro, […]