Éxito de participación na XXVI Travesía a Nado Ría de Ares do pasado sábado!

Este evento, que mantén o seu carácter popular e reúne a nadadores e nadadoras de diferentes idades e habilidades, demostrou unha vez máis a súa popularidade na nosa contorna. O sábado pasado, levouse a cabo con gran éxito a XXVI Travesía a nado, un evento deportivo que contou coa participación de preto de 180 nadadores […]

Segunda proxección do cine ao aire libre

Mañá, ás 22:30 horas, contaremos coa segunda película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “Encanto”, un divertido filme de animación para toda a familia que narra as aventuras dunha familia extraordinaria con dons especiais e maxia en perigo. A iniciativa, organizada polo Concello en […]

Presentámoste outra fin de semana chea de actividades e eventos en Ares, deseñados para satisfacer todos os intereses e idades!

O noso municipio ten unha intensa actividade durante todo o ano, que se intensifica notablemente durante a tempada estival, e os próximos días non serán a excepción. Cunha ampla variedade de iniciativas, organizadas polo Concello e desde as distintas entidades, terás á túa disposición unha planificación completa para gozar do verán na contorna municipal. Descobre […]

O punto limpo móbil xa está dispoñible na praza da Rega en Chanteiro para a recollida de residuos especiais!

Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Nesta ubicación permanecerá instalado durante esta semana e despois dirixirase a: Cortiñas Gil, Redes, Lubre e Pedrós. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa […]

O Club de Remo e o Concello presentan o Campionato Galego de Traiñeiras

O evento deportivo, organizado pola Federación Galega de Taiñeiras e o Club de Remo de Ares, coa colaboración do Concello, celebrarase este martes, 25 de xullo , ás 11:30 horas, e congrerará a 17 clubs de toda Galicia ‐10 na categoría masculina e 7 na feminina‐ o que converte ao Campionato nunha cita imperdible para […]

Ares da comenzo ao servizo de Rutas Turísticas en Barco pola Ría

O Concello lanza o servizo “Ares desde o Mar” para permitir aos visitantes explorar e percorrer os principais puntos costeiros do municipio. Esta iniciativa céntrase en destacar o patrimonio litoral e promover a cultura mariñeira. A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, anunciou hoxe a posta en marcha destas rutas turísticas a bordo do pesqueiro M. […]

Continúan as actividades do programa “Xuventude Verán Activo”!

Unha proposta da concellaría de Deportes que achega á mocidade de Ares diferentes actividades a cabalo entre o contacto coas novas tecnoloxías, as disciplinas de raqueta e o mar. Durante o mes de xullo e agosto, os rapaces e rapazas desfrutarán do manexo de drons e a robótica, o voleipraia, o kaiak en Redes, o […]