O sábado pasado, nunha tarde adicada á rapazada, tamén houbo ocasión para que gozasen da súa propia PequeDisco a cargo de Moc Moc espectáculo!

Con coreografías guiadas, xogos musicais, circo, malabares… e sobre todo moito humor, mesturado con iluminación disco, máquina de fume e pompas de xabón, que fixeron saltar, xogar, bailar, rir e gozar a tódolos asistentes!
O espectáculo de Os Bolechas chegou o sábado a Ares!

Dentro da súa xira estival Os Bolechas recalaron en Ares este sábado, concretamente no Parque Rosalía, para facer as delicias dos máis pequenos e as súas familias a través dun teatro de marionetas!
Últimos días para inscribirse na XXXI edición da Milla Urbana!

A concellaría de Deportes lembra que o prazo de inscrición para a Milla Urbana estará aberto ata as 23:59 horas do martes, 1 de agosto, a través desta ligazón: https://www.carreirasgalegas.com/events/xxxi-milla-urbana-concello-de-ares/wKmn2GmY A XXXI Milla Urbana Concello de Ares, é unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación […]
O venres pasado, 28 de xullo, levouse a cabo a VI Homenaxe musical a Gildo Illobre na Igrexa Parroquial de Ares.

Organizado pola Rondalla Trobadores de Ares, coa colaboración da concellaría de Cultura e Adegas&Vinos Ares, este emotivo evento rendeu tributo ao legado musical de Gildo Illobre no municipio e na comarca. Veciños, amigos e familiares uníronse para honrar a súa memoria e celebrar a perdurable influencia da súa paixón pola música na nosa contorna.
ARES DESDE O MAR 2023

DO 15 DE XUÑO Ao 15 DE OUTUBRO ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO Todos os fins de semana en horario de mañá e tarde, Roteiros pola ría. Entre semana, reservas con 3 días por adiantado PREZOS ADULTOS: 15€ MENORES: 8€ RESERVA DE GRUPO (12 PAX) CON TRES DÍAS DE ANTELACIÓN: 120€ HORARIOS SÁBADOS E […]
Lembra que esta fin de semana, o municipio contará cunha ampla variedade de actividades no ámbito cultural, máis tamén haberá unha morea de actividades do eido deportivo.

Esta intensa actividade deportiva exemplifícase na entrega de trofeos do II Torneo Fútbol Sala Base en Chanteiro desta tarde; a XX Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais que se celebrará mañá no porto de Redes; ou o LIV Campionato Social de Tenis e XIV Campionato Social de pádel no Club de Tenis. En definitiva, un conxunto […]
Quedan prazas dispoñibles para a terceira quenda dos Xogos nas Parroquias!

A próxima semana iníciase a terceira e derradeira quincena da programación do VeranAres deportivo e a concellaría de Deportes informa de que quedan prazas libres na iniciativa dos Xogos nas Parroquias. Os xogos deportivos nas parroquias no municipio impártense durante as mañás para dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro. Estas actividades deportivas […]
Onte á noite, na pista do CPI “As Mirandas”, levouse a cabo a segunda sesión do ciclo de cine de verán ao aire libre, con bo ambiente e unha resposta moi positiva por parte do público.

Unha morea de persoas acudiu ao evento para gozar da película de animación “Encanto”, que foi proxectada neste espazo debido ás previsións meteorolóxicas. A programación continuará o próximo 10 de agosto, neste caso, coa proxección do filme “Cuñados”.
Gustaríate experimentar o ritmo latino ou probar unha sesión de zumba ao aire libre?

Aproveita esta última oportunidade, xa que entramos na última quincena, para unirte ás sesións que se levan a cabo na Praza da Constitución de Ares. Os martes, poderás gozar de bailes latinos, e os xoves, dunha sesión de zumba. O horario é de 20:30 a 21:30 horas. Estas actividades forman parte da programación deportiva municipal […]
O 1 de agosto remata o prazo para inscribirte na XXXI Milla Urbana Concello de Ares!

Ares prepárase para recibir a XXXI Milla Urbana Concello de Ares, unha proba oficial da FGA que forma parte do IX Circuíto provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. O evento terá lugar o sábado 5 de agosto, iniciando ás 11 horas na Praza da Igrexa e percorrendo o paseo marítimo da localidade. Os […]
Queres subir a bordo do M.Presas?

Durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 euros para os adultos, podes achegarte á cultura mariñeira de Ares e descubrir a beleza da súa paisaxe costeira a través dos percorridos pola ría. Poderás achegarte a lugares singulares da nosa costa, como o Mourón ou o porto de Redes, […]
Ares celebra unha homenaxe musical en honra a Gildo Illobre na Iglesia San José, un evento que destaca o seu legado no municipio e a súa influencia no tecido social de Ares e comarca.

Mañá venres 28 de xullo, ás 20:15 horas, levarase a cabo este evento que recoñece a transcendencia de Gildo Illobre na vida musical de Ares. Esta será a sexta edición do evento, organizado pola Rondalla Trovadores de Ares, en colaboración coa concellaría de Cultura e Bodegas&Vinos Ares, como unha forma de render tributo a unha […]