Ares entrega máis de 3.000 kg de material doado polo Concello en nome de toda a veciñanza

Nestas últimas horas, os axentes da Policía Local de Ares, xunto con outros compañeiros e compañeiras dos corpos de Mugardos, Santiago, Coruña, Pontedeume, Miño, Ribadeo, Mos, Ponteareas e Protección Civil de Cedeira, formalizaron a entrega das doazóns destes municipios na súa viaxe a Sedaví, en Valencia. No caso da nosa localidade, repartíronse máis de 3.000 […]
Ares vive un Samaín de medo

Esta fin de semana, os pequenos e pequenas pasaron xunto as súas familias pola pista cuberta do CPI As Mirandas para gozar do Samaín 2024 que organizou a Concellaría de Cultura durante toda a tarde do sábado. Esqueletos, monxas, meigas, espantallos… e outras tantas criaturas terroríficas deixáronse ver por alí e animáronse a participar no […]
A Academia AresXSalud comeza coa súa actividade mensual

A primeira das sesións divulgativas de Academia AresXSalud, o programa educativo que achega pautas de vida saudable para a veciñanza e permite dialogar con expertos no eido deportivo, psicolóxico ou da nutrición, entre outros, organizouse este venres pasado no salón de actos da Alianza Aresana. A iniciativa que promoven a Concellaría de Benestar e a […]
O Concello Ares recibe unha axuda para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, financiada por Augas de Galicia ao abeiro do procedemento AU301E.
O Concello Ares recibe unha axuda para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cun importe de 44.994,97 € , correspondente ao 80% do importe total da actuación e financiada por Augas de Galicia ao abeiro do procedemento AU301E. O que se […]
Apertura de inscricións na segunda ruta do SendAres 24-25

Lembra que hoxe, 4 de novembro, ata mañá, 5 de novembro ás 14:00 horas abre o prazo de inscrición para EMPADROADOS/AS en Ares da Ruta 2: Santa Comba-Punta Frouxeira do programa de sendeirismo municipal. Posteriormente poderán facelo a partir desa mesma franxa horaria os non-empadroados/as. Xa podes cubrir o formulario de reserva de praza na […]
Estudantado do CPI As Mirandas adéntrase nas particularidades do ourizo de mar

Da man da Confraría de Pescadores de Barallobre, mozos e mozas de sexto de primaria do CPI As Mirandas descubriron onte no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro a riqueza mariña do ourizo de mar, un produto que amosa a gran biodiversidade do Océano Atlántico. O Concello de Ares vén de impulsar esta charla divulgativa inscrita […]
Bases para o acceso a 3 prazas de Policía Local, polo sistema de Oposición Libre
Aprobación de las bases para el acceso a 3 plazas de policía local, por el sistema de oposición libre. Concello de Ares EDICTO Aprobadas por la Junta Municipal de Gobierno celebrada el día 24/09/2024 las Bases para el acceso a 3 plazas de Policía Local, por el sistema de oposición libre comprendidas en la Oferta […]
Novos camiños para garantir a mellora da accesibilidade no Parque Rosalía de Castro de Ares

O Concello vén de completar a intervención neste pulmón verde incorporando sendas con terra estabilizada, aplicando un sistema de solo eco-estable de 20 cm de espesor e instalando diferentes mobiliarios urbanos pola contorna, con bancos e papeleiras de ferro fundido. Os traballaron supuxeron un investimento próximo aos 49.691,51 euros, impostos incluídos, a través dunha subvención […]
O Concello anuncia a apertura das inscricións para a segunda ruta do SendAres 2024-2025

O itinerario de máis de 15 quilómetros promoverase o 17 de novembro na contorna da Costa Ártabra, conectando Santa Comba-Punta Frouxeira, baixo un prezo de 15 euros. As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse a partir das 14:00 h. do luns, 4 de novembro, na web institucional ata o día seguinte na mesma franxa horaria […]
Castañas asadas, concurso de cabazas, obradoiros, inchables ou espectáculos musicais para celebrar un Samaín do máis familiar en Ares

A Concellaría de Cultura vén de completar esta mesma mañá a oferta de actividades que se promoverán polo Samaín 2024 na vila de Ares. Ás propostas que dinamizarán a biblioteca municipal a vindeira semana súmase agora a versión do ‘Samaín Familiar’, un evento a celebrar o 9 de novembro ás 17:00 horas na Praza da […]
MARES DE ARES, o novo selo que implementará o Concello para o fomento de actividades relacionadas coa economía azul e as xentes do mar

O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 51.207,20 € correspondente ao 80 % para a execución do proxecto MARES DE ARES que se executará nas anualidades 2024-2025, un selo no que se inscribirán múltiples accións de dinamización do eido mariñeiro, amais de actividades de formación para as xentes do mar e outras […]
Chega á vila a primeira charla divulgativa da Academia AresXSalud

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o vindeiro 8 de novembro ás 19:00 horas a ponencia do psicólogo Antonio Rial Boubeta “Uso saudable e responsable da tecnoloxía na infancia e adolescencia”. Destínase a pais, nais, adolescentes e toda persoa que traballe con menores no seu día a día, dende profesorado a adestradores ou […]