A campaña “Galicia sabe amar” xa está no paseo marítimo coa súa foodtruck!

Si te achegas alí poderás degustar de forma gratuíta elaboracións con produtos do mar galegos, como a croqueta de chopo ou o mexilón con fabas de Lourenzá. A foodtruck está instalada no paseo marítimo da localidade, á altura do Consistorio, en horario de mañá, de 12:00 a 15:00 h, e de tarde, de 18:00 a […]
A Concellaría de Cultura informa sobre a xestión de reservas nas actividades do Ares Indiano

ROTEIROS EN BUS HISTÓRICO E PASEOS EN BARCO POLA RÍA Desde o luns 14 de agosto, a Oficina de Información Turística (OIT) estará a cargo das reservas para dúas actividades no marco de Ares Indiano: o percorrido en autobús por Cervás e Redes, e os paseos en barco pola ría. Se desexas sumarte á viaxe […]
A tenda efémera de aluguer de vestimenta para o Ares Indiano chegará ao municipio o 14 de agosto

A Concellaría de Cultura dirixida por Alma Barrón vén de informar sobre un dos servizos implementados no Ares Indiano: a tenda de aluguer de vestimenta de época, que achegará caracterizacións de indianos e indianas, estará habilitada na localidade a partir do próximo luns, 14 de agosto. Así, a empresa Chimpos amosará o seu catálogo desde […]
A nova serie de Netflix “Clanes” ródase en Ares!

O elenco da serie, encabezado por Tamar Novas, e Chechu Salgado, chegou onte a Ares para iniciar a gravación e permanerán aquí durante todo o día de hoxe. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, visitou onte ao equipo artístico e técnico para darlles a benvida ao municipio e coordinar a colaboración municipal no proceso de […]
Ares, Cabanas, Mugardos e Fene anuncian a concesión do “Inicia VII”

O obradoiro de emprego para persoas mozas achegará formación na especialidade de Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial O Concello de Ares, xunto co de Cabanas, Mugardos e Fene, vén de recibir a concesión do novo obradoiro de emprego e formación xuvenil “Inicia VII”, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. Esta sétima […]
Cine, regata de vela, roteiro por Redes e ata a festa do percebe e as festas do Rosario en Lubre!

Non podes perder de vista todas as actividades da fin de semana na contorna municipal! Asegúrate de coller a túa axenda e tomar nota de todos os eventos que te esperan desde hoxe, xoves, ata o martes, 15 de agosto.
O ciclo de cine ao aire libre do Veraneares 2023 chega á súa última proxección!

Hoxe, xoves 10 de agosto, a partir das 22:00 horas, realizarase o pase do filme que pechará este evento convertido nun clásico do verán no noso municipio. Nesta ocasión será a quenda da comedia familiar “Cuñados”, na que Eduardo e o seu cuñado Sabonis vense inmersos nunha historia chea de enredos, situacións cómicas e un […]
Información acerca da rodaxe da serie “Clanes” en Ares

A produtora Vaca Films seleccionou Ares como escenario para gravar varias escenas da súa nova serie “Clanes”, a cal se emitirá na plataforma Netflix e conta coas actuacións de Tamar Novas e Clara Lago. O equipo de produción ten programado o seu desprazamento a Ares para levar a cabo dous días de rodaxe, especificamente mañá, […]
Lembra que a presentación da novela “Lexington ou Carlyle” de Joan Prados levarase a cabo hoxe, mércores 9 de agosto, ás 20 horas na Alianza Aresana.

O autor, nacido en Barcelona en 1977, é recoñecido pola súa carreira na literatura e a súa habilidade para contar historias. Con estudos en Filoloxía Románica, desenvolveu un estilo narrativo arriscado e distintivo que impacta aos seus lectores. A novela segue a Daniel Pardo, un exitoso escritor con medo a voar, nunha viaxe que se […]
Os produtos da campaña “Galicia Sabe a Mar” poderanse degustar este venres en Ares!

Ares resultou novamente seleccionado entre os 250 municipios de toda España que acollerán esta campaña gastronómica A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, informou esta mañá da chegada a Ares dunha das catro foodtrucks que percorren España a través desta campaña promovida pola Xunta de Galicia, e que se instalará este venres no paseo marítimo da […]
Ata o 15 de agosto, a Casa da Xuventude albergará a exposición “Paisaxes e Mariñas” do pintor José Antonio Porro.

Nesta exhibición artística, que plasma a riqueza das paisaxes de Ares e outros enclaves costeiros, os visitantes poderán admirar o talento do autor e mergullarse na súa visión do litoral próximo ao municipio, salientando a relevancia do mar e os elementos que dan forma a beleza da paisaxe local. A mostra estará aberta de luns […]
Convócase un curso de formación profesional de socorristas para persoas de Ferrolterra.

As persoas interesadas dispoñen de 8 días hábiles para solicitar a inscrición dende a publicación no BOP da convocatoria. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca un curso de socorristas co obxecto de garantir a seguridade das praias e piscinas, mellorando a calidade turística do territorio e […]