Vén a coñecer o espazo de Santa Catalina de Montefaro da man dos Espazos Sonoros, con este encontro coa música antiga

Disfrutaremos dun concerto do conxunto Capella Sancta María, dunha visita guiada, e dun obradoiro participativo sobre a voz como instrumento, dirixido a todos os públicos, con ou sen coñecementos de música. Duración: de 12.00 a 18.00 h aprox. Será preciso traer un pequeno refrixerio para o xantar Inscricións en: actividades@espazossonoros.org indicando o número de prazas […]
Ares en marcha contra o cancro

O próximo domingo, 3 de setembro, a partir das 11:00 horas, a nosa localidade contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co Concello. Serán 6 quilómetros de percorrido desde a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e regreso […]
BANDO: interrupcións na subministración de electricidade en certos lugares do municipio

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de agosto, de 0:00 a 2:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]
O venres pasado, Juan Prados afondou, no salón de actos da Alianza Aresana, sobre a historia da gastronomía

O acto incluíu literatura gastronómica de Néstor Luján, Julio Camba , Álvaro Cunqueiro, Josep Pla… para remata cun petisco de atún en escabeche preparado por el mesmo
Ares volcarase coa Santa Olalla na XVI Bandeira Concello de Ares

Representantes do goberno municipal, do Club de Remo da localidade e da Liga LGT presentaron a tarde de onte a 𝗫𝗩𝗜 𝗕𝗔𝗡𝗗𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗥𝗘𝗦 e a 𝗜I 𝗕𝗔𝗡𝗗𝗘𝗜𝗥𝗔 𝗙𝗘𝗠𝗜𝗡𝗜𝗡𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗖𝗘𝗟𝗟𝗢 𝗗𝗘 𝗔𝗥𝗘𝗦 O evento deportivo, celebrarase en dobre xornada, cun acto de clausura para despedir a Liga LGT e unha doble xornada do PLAY […]
Charla gastronómica a cargo de Juan Prados

Este venres, 25 de agosto, a Alianza Aresana acollerá unha charla gastronómica a cargo de Juan Prados Realizarase no Salón de Actos ás 20:00 horas
O punto limpo móbil xa está dispoñible en Pedrós para a recollida de residuos especiais!

Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
O stand municipal do Ares Indiano xa está operativo!

Neste punto, poderedes resolver todas as vosas dúbidas e adquirir distintos artigos conmemorativos, por exemplo tazas, sombreiros e vasos reciclables. Así mesmo, este é o lugar ao que debedes acudir para obter os boletos destinados aos sorteos. Se tedes interese en coñecer máis sobre o patrimonio indiano ou descubrir a riqueza turística de Ares, convidámosvos […]
Hoxe comeza a sexta edición do Ares Indiano!

Os postos xa foron instalados ao longo do paseo marítimo, os establecementos locen adornados con decoración de época e durante a tarde poderemos gozar das primeiras actividades da programación desta fin de semana. Toma nota dos eventos para este venres e non dubides en mergullarte na nosa viaxe ao pasado! Ás 19:30 horas, inauguración da […]
BANDO: interrupcións na subministración de electricidade en todo o núcleo urbano de Ares

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa UFD grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 22 de agosto, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]
O segundo andar da Casa da Xuventude inaugura unha exposición de pintura na que toma protagonismo a artista local Francisca Mayobre.

Baixo o título de “Mis Rincones Favoritos”, a mostra alberga unha colección de pinturas ao óleo que capturan diversos lugares e paisaxes significativas para a autora. Francisca Mayobre, veciña de Cervás, é unha apaixonada e destacada afeccionada á pintura, que dedicou numerosos anos a cultivar o seu talento artístico. Ao longo da súa traxectoria no […]
O alumnado-traballador pertencente ao Taller de Emprego Reinicia IX, especializados en carpintería e moble, culminou a instalación da varanda que delimita o Parque Rosalía en Ares

Os materiais empregados, maioritariamente compostos por madeira, foron suministrados mediante financiamento municipal, mentres o alumnado non só se encargou da fabricación, senón tamén da montaxe deste novo compoñente. A concreción deste proxecto non só engade un atractivo visual ao parque, senón que tamén reforza significativamente o seu nivel de seguridade. Felicitamos ao equipo do Reinicia […]