O Obradoiro de Achegamento á Música Antiga, unha das actividades decanas na programación de Espazos Sonoros, fixo a súa esperada parada o pasado domingo no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro!

A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como […]
O Concello informa que as prazas para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) na biblioteca municipal de Ares o 28 de setembro xa están cubertas.

No caso de que non conseguises unha cita, poderás esperar para a seguinte quenda de renovacións que levará a cabo en outubro.
Bases reguladoras que rexerán a selección do Alumnado Traballador do Proxecto de Obradoiro Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” promovido polos Concellos de Fene,Ares,Cabanas e Mugardos
O Concello de Fene por Decreto da Alcaldía nº 913/2023 de data 4 de setembro de 2023 aprobou as seguintes bases: BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE FENE,ARES,CABANAS E MUGARDOS 1.- Obxecto da convocatoria e principios de actuación […]
Bases reguladoras que rexerán a selección do Persoal Directivo e Docente do proxecto de Obradoiro Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” promovido polos Concellos de Fene,Ares, Cabanas e Mugardos
O Concello de Fene por Decreto da Alcaldía nº 912/2023 de data 4 de setembro de 2023 aprobou as seguintes bases: BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE DO PROXECTO DE OBRADOIRO EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE FENE,ARES,CABANAS E MUGARDOS 1.- Obxecto da convocatoria e principios […]
O Concello organiza unha excursión ao San Froilán de Lugo o vindeiro 6 de outubro

Co gallo da celebración das festas de San Froilán, o Concello de Ares, a través da área de Benestar e Igualdade, organiza unha excursión a Lugo. Os interesados en participar na iniciativa, que se desenvolverá o día 6 de outubro, xa poden formalizar a súa inscrición, para o que terán que dar os seus datos […]
Ares uniuse na loita contra o cancro!

A xornada de onte demostrou o firme compromiso da nosa localidade cunha causa solidaria de suma importancia na sociedade actual. Os residentes do noso municipio congregáronse nas rúas para apoiar o labor da Asociación Española Contra o Cancro en Ares e apoiar a loita contra esta enfermidade. A continuación, compartimos algunhas imaxes que ilustran o […]
O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar, o “ConciliAres”, culminou as súas actividades onte, marcando o peche do mes de agosto

Durante todo o verán, os participantes levaron a cabo unha variada programación que incluíu desde excursións a contornas naturais locais ata xogos participativos e talleres artísticos. En esencia, todo un xullo e agosto marcado pola diversión, a exploración e a aprendizaxe, xunto á posibilidade de que as familias puidesen conciliar as súas responsabilidades laborais co […]
A Concellería de Cultura anunciou a apertura da recepción de obras para o XVI Concurso de Pintura Manuel Rebón, que se realiza en colaboración co CIRS de Cervás.

As persoas interesadas poderán entregar os seus cadros, que poden ter calquera temática e estar feitos con óleo ou acrílico, desde o próximo luns, 4 de setembro, ata o martes 12 de setembro na Biblioteca Municipal, situada no edificio da Alianza Aresana (rúa María, 11). O horario de recepción será de luns a venres, de […]
O Concello executará a pavimentación do camino de Gaspalleira a Maiobre

A Concellaría de Urbanismo vén de informar dunha das próximas intervencións que se acometerán no termo municipal: a pavimentación do camiño de Gaspalleira a Maiobre. A obra de mellora desta vía municipal suporá un investimento de 63.428,83 euros, asumidos entre a liña de axuda proporcionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cunha achega de […]
O Concello de Ares executa o proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS”

O Concello de Ares executa o proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS” cun importe que ascende a 48.365,81 € (IVE Incluído), polo que percibiu unha axuda que ascende a 39.971,74 € ao amparo da Convocatoria de Axudas para a realización de accións destinadas á promoción de estilos […]
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na súa nova localización semanal: Barracido.

Durante toda esta semana, estará dispoñible nesta localización para os veciños e veciñas que desexen desfacerse de pilas, baterías, lámpadas, aceites, pequenos electrodomésticos, roupa e calzado de maneira adecuada. Aproveita esta oportunidade para contribuír ao coidado do medio ambiente e eliminar os teus residuos de forma responsable!
Parabéns ao Club Remo Ares por todo o traballo e esforzó e conseguir gañar o campionato galego de traíñas liga LGT!!!

Desexámoslle moita sorte na clasificatoria da bandeira da Concha na que participan esta semana e no próximo PLAY OFF de ascenso á Liga ACT!!!