Ares prepárase para a XVI edición de “Móllate Polos Ríos”

O prazo de inscrición nesta xornada de concienciación ambiental, que conta co apoio do Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, segue aberto. O evento levarase a cabo o próximo domingo, 24 de setembro, e ten como obxectivo principal limpar os ríos locais e crear conciencia sobre a contaminación e deterioración […]

María Rivas visita Ares para dar a coñecer a nova convocatoria de Rural TIC

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, desprazouse onte ata o Concello de Ares, para dar a coñecer e pór en valor a nova convocatoria de Rural TIC que pon en marcha o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para impulsar a dixitalización social e económica nos concellos de menos de 10.000 habitantes. […]

O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe mesmo instalado no Mazote!

Aproveita esta localización para coidar da nosa contorna e desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta! Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.

Hoxe, ás 19:00 horas, o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro será o escenario dunha charla titulada “Seselle: Un Bosque Fósil, un Castelo e un Ameneiral”

Presentada por Celsa Formoso, coa colaboración de Lorenzo Capllonch, Carlos Galindo e Javier Rosado. Este evento, servirá para trasladarnos ao bosque fósil de Seselle, que se formou hai uns 10.000 anos e rexurdiu grazas ás mareas vivas, ofrecendo unha visión que só se pode experimentar durante o equinoccio de outono. Amais, poderemos explorar os vestixios […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de setembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

Bases do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de Persoal Laboral como Oficial de 1ª Do Servicio Municipal de Abastecemento de Auga.

1.– OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto da convocatoria é a formación du ha bolsa de traballo para realizar contratació n laboráis temporais ou nome ament os interinos nos postos de Oficial de 1 ª do Servicio Municpal de abastecemento de Auga. do Concello de Ares, tanto a xornada completa como parcial. A presente selección regula […]

Ares acolle o V Festival Internacional de Entes Animados

A veciñanza aresán poderá desfrutar de dúas actuacións realizadas por artistas e compañías internacionais, primeiro na Alianza Aresana e logo no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, nas xornadas do 22 e 23 de setembro respectivamente. O venres, 22, e o sábado, 23 de setembro, Ares converteranse nun dos anfitrións do Festival Internacional de Entes Animados […]

Parabéns unha vez máis ao Club de Remo de Ares e a toda a afección!

É un logro realmente impresionante proclamarse campións da Liga Galega de Traiñeiras e conseguir o Campionato de España, o subcampionato galego e o da Deputación da Coruña nesta tempada. Aínda que non lograsen o regreso á liga Eusko Label, o seu desempeño foi sobresaliente e merecen todo o recoñecemento pola súa dedicación e esforzo. O […]

Ares únese á XVI edición de “Móllate Polos Ríos”

Este evento conta coa colaboración do Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e levarase a cabo o domingo 24 de setembro. Nesta xornada, participarán aproximadamente 60 organizacións galegas co propósito de limpar simultaneamente os ríos e concienciar sobre a contaminación e a deterioración destes ecosistemas. O municipio de Ares súmase […]