Queres unirte á limpeza da praia de Sabadelle?

Este sábado 7 de outubro, a partir das 11:00 horas, tes a oportunidade de unirte á limpeza de Sabadelle en Redes. Ares súmase a esta causa impulsada pola Asociación Ecoloxista ADEGA, co apoio da Agrupación Instrutiva de Caamouco e do Concello. Se desexas colaborar nesta iniciativa para concienciar sobre o impacto do lixo nas nosas […]

Primeira ruta do SendAres completada!

O pasado sábado, os 25 senderistas que se uniron á aventura organizada polo programa municipal da Concellaría de Deportes, viaxaron ata as terras de Taramundi, en Asturias. Ao longo dunha ruta circular, exploraron un dos pobos con máis encantado da rexión asturiana, atravesando os seus bosques e admirando as fervenzas que se atopan no camiño. […]

O Obradoiro de Emprego Reinicia IX concluíu a súa actividade cun evento de clausura que tivo lugar esta mañá

Nesta cerimonia, os representantes dos concellos participantes, xunto con responsables da Xunta de Galicia, outorgaron diplomas aos alumnos-traballadores. Os municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos deron por terminado oficialmente o noveno taller de emprego Reinicia. O acto tivo lugar na sede das Alianzas Aresanas e contou coa presenza dos alcaldes e concelleiros das localidades […]

María Rivas felicita ao persoal da Biblioteca Municipal de Ares polo seu traballo na promoción da lectura, tras ser recoñecida por sexta vez co Premio María Moliner

A subdelegada puxo en valor o labor de Caridade Nieto, Beatriz Martínez e María Serrano, que desenvolveron un programa de actividades atractivo para promover novos hábitos de lectura na veciñanza de todas as idades do municipio María Rivas destacou que a iniciativa da Biblioteca Municipal de Ares forma parte dos 370 proxectos premiados en España […]

Mañá, ás 20.30 horas, a Alianza Aresana acollerá un monólogo da famosa tiktoker galega Leticia Mirás, coñecida como Leti da Taberna

A polifacética narradora ofrecerá o seu espectáculo “Enredada”, co seu particular estilo e visión humorística dos temas actuais e cotiáns. Esta actuación forma parte das actividades programadas con motivo do Día do Orgullo Neofalante, que organizou a Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.

Queres probar o tenis de mesa?

A Concellería de Deportes organizou unha xornada de promoción deste deporte, especialmente dirixida aos estudantes do CPI As Mirandas. O evento levarase a cabo este venres 29, desde as 16:30 ata as 19:30 horas, nas instalacións do pavillón deportivo. Ademais, debido ao gran interese nesta actividade, a Concellería de Deportes decidiu planificar unha segunda xornada […]