Venres, 21 de xuño, último día para formalizar o pago do ConciliAres 2024

A área de Servizos Sociais municipal lembra que mañá, venres, 21 de xuño, é o último día estipulado para formalizar o pago do ConciliAres 2024, o programa municipal de conciliación laboral e familiar. Se aínda non o fixeches, contacta canto antes cos seguintes números de teléfonos para informarte e coñecer o importe da túa cuota: […]
Admitidos/excluidos provisionais para a Contratación Laboral Temporal de dous técnicos para a Caseta de Turismo.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Comisión seleccionadora Persoal das oficinas de turismo 2024 Expediente electrónico: 1011/2023 A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisiona de subvencións correspondentes ao programa DP0029 para concellos da provincia da Coruña de menos de habitantes para financiar o gasto de persoal da oficinas de turismo 2024, publicadas no BOP […]
Ópera Infantil de Fin de Curso: Escola Musical Laura Morgade

Mañá, xoves, 20 de xuño ás 19:00 horas, podes achegarte até a Praza da Constitución de Ares para desfrutar da ópera infantil ‘Os cantores de Nuremberg’, unha actuación que promove a Escola de Música Laura Morgade en colaboración co Concello e no que se poderán observar as habilidades do alumnado de 4 a 15 anos. […]
A xornalista Susana Fraguela Vale gaña o II Premio de Novela Curta Alén do Concello de Ares

O xurado da II Edición do Premio de Novela Curta Alén do Concello de Ares xa fallou a segunda edición da convocatoria literaria. A gañadora deste ano é a xornalista Susana Fraguela Vale, autora da novela “Enfiando a vida“. O premio ascende a 2.000 euros e conleva a posterior publicación da obra pola editorial Hércules […]
A exposición de pintura ‘Un paso adelante’ chega á Casa da Xuventude aresá

A Concellaría de Cultura, xunto coa Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), organiza a partir de mañá, 20 de xuño, unha mostra pictórica no andar superior da Casa da Xuventude de Ares, desta volta coas pinturas de José Luis Serrano Volcán, artista venezolano radicado en Ourense, baixo o nome ‘Un paso adelante’. Serrano Volcán caracterízase […]
O Concello clausura os seus obradoiros da área de Igualdade e Benestar

O Casino Aresano acolleu na tarde de onte a celebración do peche dos obradoiros de lectoescritura, actividades para maiores de 70 anos, risoterapia, smartphone e memoria, as programacións que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar dende outono até agora. Unha xornada para desfrutar entre compañeiras e compañeiros, con música e pinchos, onde puideron poñer […]
Nova edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición en Ares

Onte a Alianza Aresana acolleu o acto de presentación desta iniciativa, debullando nel os detalles da VII edición que se promoverá no Mosteiro de Santa Catalina durante as xornadas do venres, 5 e sábado, 6 de xullo. As inscricións, que se tramitan de xeito telemático, están xa abertas, habilitándose o mail afferrolterra@gmail.com e o teléfono […]
18 autores e autoras participarán na I Edición do LiterAres, unha xornada para descubrir literatura de proximidade

Esta nova iniciativa chegará a localidade aresá o próximo sábado, 22 de xuño, nos arredores da Alianza Aresana e contará coa presenza de escritores como Arantza Portabales, Antía Yáñez, Toni Seijas ou Andrea Maceiras, amais dunha ampla mostra de creadores da contorna. Representantes do Concello e da Asociación Galega de Escritoras e Escritores (AGER) presentaron […]
Punto limpo móbil instalado en Federico García Expósito

O Punto Limpo Móbil do Concello atópase dende onte instalado en Federico García Expósito. Aproveita esta localización para desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta, contribuíndo activamente ao coidado da nosa contorna. Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.
O Concello promove torneos e obradoiros de competencias dixitais para a mocidade

Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén dúas programacións centradas en tecnoloxía dixital e bos hábitos na Internet totalmente de balde. As inscricións para as dúas iniciativas poderán formalizarse dende mañá, martes, 18 de xuño, até esgotar […]
BANDO: Información sobre as fogueiras de San Xoán

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos […]
O SendAres completa a súa saída extraordinaria por Asturias

A programación da Concellaría de Deportes de sendeirismo municipal, o SendAres, achegouse esta fin de semana á contorna asturiana para explorar o seu incrible patrimonio natural. A paisaxe despregouse ante os vinte sendeiristas que se sumaron a esta última iniciativa, un itinerario dividido en dous días, entre o sábado, 15, e o domingo, 16 de […]