AVISO: Corte de Auga 07-06-2022

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FA/SABER lnfórmase a todos/as os usuarios/as do Servizo Municipal de Augas do Concello de Ares que o vindeiro martes, 7 de xuño, procederase á interrupción temporal do subministro de auga potable desde as 8:00 horas ata a finalización das obras, necesarias e […]
A Concellaría de Mobilidade do Concello de Ares lembra que mañá xoves, día 2 de xuño, a Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e Comarca convoca os seguintes actos no noso municipio.
A partir das 18.00 horas mesa informativa instalada no Paseo Marítimo. Haberá unha enquisa a disposición dos usuarios para recoller as súas opinións e necesidades, que será posteriormente trasladada á Xunta. Ás 20.00 horas celebrarase unha concentración ás portas da Casa Consistorial. A edil de Mobilidade, Lucía Blanco, anima á veciñanza a participar nestes actos […]
Ares recibe a calificación Excelente das súas Zonas de Baño

O Concello vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade O concelleiro de servizos, José Juan Vilar, informou de que o Concello vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade respecto á clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio. Así, as praias analizadas de Ares, Raso, Seselle e Chanteiro recibiron un […]
Os escolares de Ares participan nunhas xornadas centradas nas Actividades Náuticas

Trátase dun programa promovido polo Concello de Ares, en colaboración co Club Náutico Ría de Ares, dentro da campaña XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte Esta mañá desenvolveuse unha nova actividade centrada nos nenos e nenas do municipio, nesta ocasión ligada ao mar e aos deportes náuticos, que gozan dunha gran pegada na nosa […]
Preguntas e respostas do primeiro exercicio fase oposición para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como traballadora Social do Concello De Ares
Procedemento de selección dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como traballadora social do Concello de Ares. PREGUNTAS en pdf RESPOSTAS en pdf
Resultado xeral conxunto de probas para a contratación laboral temporal de 6 Auxiliares Policía Local
ACTA DE CONSTITUCION DO TRIBUNAL PARA CONTRATACIÓN DE 6 PRAZAS DE AUXILIAR DA POLICIA LOCAL. No Salón de Sesións da Casa Consistorial, senda as 9,30 horas do día 1de xuño de 2022, baixo a Presidencia do Oficial Xefe da Policia Local D. Jaime Alberto Dominguez Fernández, reúnese o Tribunal encargado de Xulgar as probas […]
Xornadas dos “Encontros interescolares de baloncesto”

As sesións contaron coa participación do alumnado das escolas municipais de baloncesto de Ares e do Concello de Fene. Tras un primeiro partido amigable que se xogou o 6 de maio no pavillón da Xunqueira de San Valentín, o pasado xoves disputouse o encontro de volta no pavillón polideportivo municipal de Ares. A iniciativa, promovida […]
Concentración o próximo xoves, 2 de xuño, ás 20.00 horas, ás portas da Casa Consistorial de Ares, convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e Comarca

A Plataforma en Defensa dun Transporte Público Digno convoca unha nova concentración para reclamar a mellora das comunicacións da comarca de Ferrolterra e que se restablezcan como mínimo as frecuencias de autobús que operaban coa anterior adxudicataria. Nesta ocasión será en Ares e celebrarse o xoves, día 2, a partir das 20.00 horas, diante do […]
Ares acollerá este Sábado O “XV Campionato Galego de Dominó por Parellas”

Os responsables da Federación Galega de Dominó e da asociación Xabre, xunto co alcalde de Ares e a concelleira de Deportes, presentaron esta mañá en rolda de prensa o que será o XV Campionato por Parellas O alcalde de Ares, Julio Iglesias, a concelleira de Deportes, Noelia Montero, o presidente da Federación Galega de Dominó, […]
SENDAres: CIRCULAR DO RÍO SOR

DOMINGO 12 DE XUÑO: “CIRCULAR DO Río Sor” “ Ruta que discorre polas marxes do Río Sor, que posúe unha grande biodiversidade e unha paisaxe de grande beleza. Ao longo do percorrido descubriremos, muíños, e ata telesillas mecánicas que permitían noutros tempos atravesar o río, onde o centro Ictiogénico de Ulló (antigua central reconvertida)”. Ruta […]
O Concello pon en marcha unha nova ruta de sendeirismo

Este luns, 30 de maio, ás 22,59 horas abrirá o período de inscrición para as persoas interesadas en explorar o patrimonio natural do Río Sor. O itinerario levarase a cabo o domingo 12 de xuño cun custe de 15 euros, incluíndo transporte de ida e volta a Ortigueira. A Concellaría de Deportes vén de anunciar […]
Os Concellos de Ares e Mugardos celebran o 7 de Xuño a tradicional Romaría do Voto de Chanteiro

A romaría, que non se celebraba desde 2019, desenvolverase ao longo de toda a xornada e, ademais da misa, haberá reparto de empanada e bebidas así como a actuación do Grupo de gaitas Aresán Como en anos anteriores, fletaranse autobuses para recoller aos veciños que o desexen e que percorrerán os dous municipios en horario […]