Arrancan as visitas guiadas no Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes

Tanto onte coma hoxe, o Concello vén de iniciar as actividades turísticas en dous espazos de considerable interese patrimonial para a localidade: o Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes. As visitas realízanse polas técnicas de turismo de Ares, sempre en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas, alternando os días e […]
Arranca a primeira sesión de cine de verán ao aire libre

Mañá, mércores 6 de xullo, o Concello organiza a primeira sesión dunha actividade con fonda tradición dentro da programación cultural: o cine de verán en Ares, no que se proxectará Padre no hay más que uno 2″, unha comedia dirixida e escrita por Santiago Segura. Se estás buscando plan para esa noite, preto das 22:30 […]
A Rede de Indianos do Norte presenta os produtos turísticos para difundir o patrimonio e a cultura dos seus municipios

Lánzanse así a páxina web www.indianosdelnorte.org, para facilitar a busca de información sobre as diferentes celebracións de época, e tamén o dulce ‘Indianitos’, en homenaxe ás viaxes do propio proceso migratorio O Palacio de Sobrellano de Comillas acolleu a semana pasada o acto de presentación da iniciativa “Embárcate na Experiencia Indianos do Norte!”, unha nova […]
Hoxe tivemos a primeira xornada dos xogos nas parroquias que organiza a Concellaría de Deportes tanto en Cervás coma en Chanteiro!

Deporte e diversión nunha mesma actividade que tamén desexa promover a convivencia entre iguais e traballar na dinamización social dos núcleos das parroquias. Estas son algunhas das imaxes que nos deixou a mañá!
Ares viaxará a Cerceda para desfrutar do seu parque acuático

A actividade promovida pola Concellaría de Cultura desenvolverase a próxima semana, incluíndo no seu prezo o transporte, desprazamento e monitores. A inscrición abrirá mañá, 5 de xullo, de maneira presencial na biblioteca municipal de Ares. A área de Cultura da localidade vén de anunciar unha nova actividade que achegará tanto ás familias coma aos mozos […]
Ante a demanda da actividade dentro do programa de “Xuventude Verán Activo”, o volei-praia chegará a Ares con máis grupos e un horario ampliado.

A través da colaboración do Concello co Club Narón-Volea, todos os luns e mércores haberá oportunidade para practicar deporte na praia nun horario que se compatibilice co uso dos areais! Xa podes inscribirte nos teléfonos habilitados polo Club Narón-Volea: 657 696 654 // 656 333 719.
Que podes facer esta semana en Ares?

Pois haberá danza, cine, unha mostra de folclore e ata o tradicional mercado veciñal! Bota unha ollada á axenda cultural que deixamos aquí embaixo para coñecer con máis detalle todas as actividades.
O VeraneAres Deportivo comeza cos seus campamentos urbanos e as primeiras sesións de grappling

O núcleo urbano da vila acolleu esta mañá o inicio oficial da programación relacionada co VeraneAres2022 promovido pola área de Deportes do Concello, simultaneando a posta en marcha dos campamentos urbanos, no pavillón polideportivo municipal, e a programación de “Xuventude Activa”, nesta ocasión no Casino de Ares. Por unha banda, os campamentos urbanos actuarán coma […]
A área de Benestar e Igualdade arranca co servizo do “ConciliAres”

Esta mesma mañá, o Concello iniciou a programación de conciliación laboral e familiar, inscrita dentro do “ConciliAres”, o principal servizo destinado para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, con 40 prazas por quincena, e co foco posto no coidado dos máis pequenos. Ao longo das mañás de xullo e agosto, os nenos […]
Listaxe aprobados para a provisión en réxime laboral temporal de 7 peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2022
ANUNCIO CONTRATACIÓN DE 7 PEONS PARA O SERVICIO LIMPEZA-PRAIAS. APROBADOS: 1.- RAMON GARCIA TORRENTE. 2.- JAVIER LOPEZ ROCA. 3.- RACHID BECHROURI. 4.- MONICA FERNANDEZ AMBROA. 5.- JESUS BARDANCA GARCIA. 6.- CARMEN RIOS LOUREIRO. 7.- JOSE MANUEL VILAR PEREIRA. SUPLENTES. 1.- D. JESUS ANGEL GARROTE FERNANDEZ. 2.- D. SANTIAGO ROMERO CARTELLE. Ares, 29 de Xuño de […]
A Travesía a Nado Ría de Ares celebrará a súa XXV edición

O evento deportivo chega con novidades tras a pandemia, buscando un maior atractivo e mantendo o seu carácter popular. As inscricións abriranse mañá, 1 de xullo, ata esgotar as prazas habilitadas por esa vía. A concelleira Victoria Montenegro, a presidenta do Club Natación Ferrol, Victoria Jiménez, e Bruno Rodríguez, por parte de Serviocio, presentaron esta […]
Xa en xullo, tanto a biblioteca municipal de Ares coma a Casa da Xuventude contarán cos seus respectivos horarios de verán

Poderás acudir ás dúas instalacións nas seguintes franxas horarias: BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARES (Xa vixente) De luns a venres: de 9:00 a 14:00 horas. CASA DA XUVENTUDE (En vigor dende o luns, 4 de xullo) De luns a venres: de 9 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 horas. Sábados: de 12:00 a 14:00 horas.