Asesoría, reparación de calzado, coidado do corpo con masaxes e sesións de fisioterapia, revisións ópticas ou xestións inmobiliarias…

13 son os negocios que forman parte da categoría de Servizos do MercAres e que achegan todas estas posibilidades á nosa vila! Como tamén participan na campaña de consumo local da Concellaría de Comercio, nos seus establecementos terás a oportunidade de gañar premios nos vales-rasca, xa de paso que desfrutas dalgún dos seus servizos. Queres […]
O bingo solidario de Ares recauda uns 460 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer

A Alianza Aresana acolleu onte o bingo organizado pola Concellaría de Cultura para apoiar economicamente á AECC, A Asociación Española contra o Cancro, que ten a súa propia delegación en Ares. A iniciativa era bo motivo non só para amosar a solidariedade da veciñanza, senón tamén pasalo ben e botar algunhas risas nunha actividade que […]
“Cantando con Pinocho”, un espectáculo infantil para que os máis pequenos desfruten na Alianza Aresana

A actuación promoverase o mércores, 28 de decembro, ás 18:00 horas representando a aventura de Pinocho con música, acordeón e piano incluido, e facendo fincapé na importancia de perseguir os soños. A Concellaría de Cultura de Ares programa un contacontos musicado no salón de actos da Alianza Aresana para que as familias poidan achegarse a […]
Conta atrás para que Papá Noel chegue ás rúas de Ares

Tomade nota, porque na tarde do sábado, 24 de xaneiro, a cabalgata de Papá Noel realizará un percorrido dende Redes (16:30 h., Praza do Pedregal), pasando polas diferentes parroquias que integran o noso Concello, ata a Alianza Aresana. Alí, aproximadamente ás 18:45 horas, deixará o seu trineo para recibir xunto aos seus axudantes a todos […]
Días de moito trafego na biblioteca municipal de Ares!

Coa programación de Nadal xa en marcha, na Alianza Aresana percíbese moito, moito movemento da man das familias, o persoal bibliotecario e os máis pequerrechos. Os obradoiros de manualidades e de decoración navideña, xunto con algún contaconto, están enchendo a nosa biblioteca municipal de actividade. Estas son algunhas das fotos que nos deixaron as últimas […]
Programa de termalismo social do IMSERSO

A Concellaría de Benestar e Igualdade, a través do departamento de Servizos Sociais, pon a disposición da veciñanza unha liña de tramitación das solicitudes no programa de Termalismo Social do IMSERSO. A iniciativa, que conta con 192.000 prazas para a convocatoria de 2023, permite desfrutar dunha estancia en réxime de pensión completa nalgún dos balnearios […]
Achegan produto de calidade e de proximidade:

Bo pan, mellores carnes e peixes e outros tantos bens de primeira necesidade que fornecen as nosas cociñas e fogares. Esa é a síntese detrás dos 17 negocios de alimentación que se sumaron ó MercAres! Coñece nesta publicación a algúns dos rostros que hai detrás dos mostradores dos locais. E anímate a participar na campaña […]
Desexas terminar o ano a ritmo de zumba?

Pois ollo, porque o sábado 31 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas, a Concellaría de Deportes programa a actividade de “ZumbAres” para deixar atrás o 2022 con movemento e diversión! Así, a Praza da Constitución acollerá unha sesión de zumba para todas as idades. Se a climatoloxía non acompañase, realizarase no pavillón polideportivo municipal […]
Ares organiza un bingo solidario a favor da loita contra o cancro

A Concellaría de Cultura e a Asociación Española contra o Cancro, que ten representación en Ares a través da súa delegación local, organizan conxuntamente un bingo solidario o próximo 22 de decembro ás 18:00 horas para recaudar fondos e axudar na loita contra a doenza, dentro da programación de Nadal da localidade. A Alianza Aresana […]
Onte, o alumnado-traballador da especialidade Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais do Reinicia IX, o obradoiro de emprego promovido por Ares, Fene, Mugardos e Cabanas, visitou o centro de día de Afal Ferrolterra.

Acompañados por persoal do centro, pero tamén polos seus docentes, recibiron unha charla inicial sobre as demencias e a actividade da asociación, a modo de formación teórica, pero tamén interactuaron co grupo de afectación inicial e moderado para aplicar o coñecemento específico que veñen de adquirir dende o inicio do Reinicia IX. Esta tipoloxía de […]
Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 20 de decembro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.
A Igrexa de San Xosé de Ares encheuse para escoitar ás cinco agrupacións que actuaron no XI Festival de Panxoliñas Concello de Ares

O certame promovido pola área de Cultura regresou onte á vila para achegar a mellor mostra de música coral da localidade a través das actuacións do coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade. Cada un achegou o […]