Castañas asadas, concurso de cabazas, obradoiros, inchables ou espectáculos musicais para celebrar un Samaín do máis familiar en Ares

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura vén de completar esta mesma mañá a oferta de actividades que se promoverán polo Samaín 2024 na vila de Ares. Ás propostas que dinamizarán a biblioteca municipal a vindeira semana súmase agora a versión do ‘Samaín Familiar, un evento a celebrar o 9 de novembro ás 17:00 horas na Praza da Constitución para que ninguén quede sen pasalo de medo nestas datas.

Durante a xornada, haberá oportunidade de probar castañas asadas, mais tamén sacarse fotografías cos diferentes disfraces no photocall da S.C. O Tilo ou participar no concurso de cabazas. Os máis pequenos e pequenas poderán saltar e divertirse nos inchables, mover as cadeiras no ‘Cantabaila de Samaín’ e desfrutar dun espectáculo de animación musical. A programación cultural complétase cos dous obradoiros, un de mazás e outro de maquillaxe e feridas, que se farán in situ.

Dende o Concello estenden o seu agradecemento tanto á Sociedade Cultural O Tilo, que ano tras ano mantén a súa colaboración no evento, como ós voluntarios de Protección Civil de Ares. Tamén lembran que, en caso de choiva ou condicións metereolóxicas adversas, este Samaín Familiar trasladarase á pista cuberta do CPI As Mirandas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña