R/ Nova, 21
A Rúa Nova é o segundo grande eixo de crecemento de Redes despois da Avenida de Gaspar Rodríguez. Tal é así que despois de ter emigrado a Cuba, Francisco Bello Casteleiro (1876-1952), decide reformar a casa familiar ante a que nos atopamos.
Paco Bello marchou de novo a La Habana e comezou a traballar nos viveiros da Compañía Cubana de Pesca e Navegación. Foi prosperando e chegou a patrón e armador. Coma moitos dos emigrados partira con tres promesas: atopar traballo, enviar cartos ás familia e volver. Coma moitos dos emigrados, deixa pegada arquitectónica desta banda do océano coa súa casa. Unha casa con balcóns con influencia barroca, galería traseira modernista, orlas decorativas con motivos xeométricos, florais e vexetais e unha escaleira interior con varanda de forxa.
A reforma pasa pola mans do portugués Domingo Pires e nela traballaron José Cirilo e Robustiano Anca, carpinteiros mestres construtores.
Non pasa desapercibida a porta do interior do acceso principal, de madeira e cristal, dunha beleza incomparable.
E que mais podemos saber do tío Paco e a tía Amable?
Para iso terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:
Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?