Candido Pazó chega mañá en Ares para celebrar o Día do Orgullo Neofalante

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana contará mañá sábado, 1 de outubro, data oficial de homenaxe ao neofalantismo, co espectáculo de Cándido Pazó “Botando a lingua a pastar”.

O recoñecido narrador e actor ofrecerá ás 19.30 un monólogo no que mestura contos de tradición oral con historias propias, unha actuación aberta a todo o público que tamén inclúe comentarios sobre a lingua galega desde unha perspectiva de humor e empatía.

INICIATIVAS CO FOCO POSTO NA MOCIDADE

A maiores, dentro da programación que se organiza no municipio con motivo do Día do Orgullo Neofalante, impulsada pola área de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, a próxima semana estará centrada na mocidade, con actividades que inclúen a exposición itinerante “Cantámola” no CPI As Mirandas e a actuación de MJ Pérez na biblioteca municipal, destinada ao alumnado da ESO do centro educativo.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,