Campaña de trampeo primaveral da avespa velutina

Comparte esta nota de prensa

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de publicar unha guía que recompila consellos e boas prácticas para acometer un trampeo eficiente de velutinas, tendo en conta que é precisamente nesta estación do ano cando esta tipoloxía de avespas comeza a saír do seu letargo invernal.

O Concello de Ares, que colabora con AGA na difusión das accións de divulgación que promoven, tamén lembra a importancia de arrancar xa coa campaña de trampeo masivo. É precisamente dende marzo ata maio cando a captura de raíñas velutinas é máis factible, coincidindo coa fase de construción e inicio de actividades nos seus niños primarios. A posta en marcha de trampeos ao longo da primavera convértese nunha práctica clave para diminuír riscos ou ata eliminar a presenza das avespas velutinas nos espazos.

Por iso, a mensaxe da Asociación Galega de Apicultura neste ano é clara: se non queres un niño de velutina preto da túa casa, coloca un par de trampas na túa horta ou xardín. “Raíña capturada, niño evitado”, sintetizan dende AGA.

Se tes algunha dúbida sobre isto, podes contactar coa delegación en Ferrolterra da asociación no 661 378 960. Tamén atoparás na nosa páxina web municipal varios consellos e trampas que poderás aplicar!

👉 GUÍA DA CAMPAÑA DE TRAMPEO: 👇
Ampliar nota

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña