A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de impulsar unha nova edición da campaña de axudas económicas para agasallos de Nadal, á que poden concorrer todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e un menor ao seu cargo que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis.
As familias beneficiarias recibirán un bono de 60 euros por cada menor, uns fondos que se deben destinar á compra de xoguetes, CDs, libros, roupa e artigos deportivos ou calqueira material ou dispositivo relacionado coas novas tecnoloxías.
Lembra que o proceso de solicitude para a axuda estará aberto ata o 20 de decembro, inclusive. Os solicitantes deben presentar a documentación necesaria no Departamento de Servizos Sociais do Concello, sito na Praza da Constitución.
Tamén é posible obter información adicional e coñecer os procedementos administrativos requiridos para solicitar a axuda chamando ao número de teléfono 689 24 25 96.
BASES DA CAMPAÑA: https://concellodeares.com/bases-reguladoras-para-a…/