Campaña da Neve 2024. Deputación da Coruña

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que dispón de 6 prazas para participar na Campaña da neve 2024 que organiza a Deputación da Coruña, na estación de montaña de Valgrande-Pajares (Asturias) dentro da 2ª quenda que desenvolverase do 19 ao 22 de xaneiro de 2024 (incorporándose os rapaces o venres 19 antes de xantar e regresando tras o xantar do luns 22).

A campaña diríxese aos rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2023), empadroados/as no concello respectivo, que queiran disfrutar desta actividade composta de catro xornadas con cursos de esquí e actividades complementarias, incluindo estadía en réxime de aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista na propia estación asturiana.

 O custe da actividade será de 85 €, e inclúe: transporte ida e volta ata o lugar da actividade, con saída e chegada ao punto elexido pola organización na comarca de Ferrolterra, clases, monitores, seguro, alugamento de material, remontes e todo gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Para preinscribirense, establécense as seguintes canles:

  1. Presencial: Na OMIX (biblioteca) ata o 1 de decembro, en horario de 9 a 13,30 horas polas mañás, ou de 16,30 a 19,30 horas polo serán, e cumprimentar un impreso cos datos do/a solicitante.
  2. On line: Cubrindo o impreso a tal efecto, existente na web municipal, premendo no link CAMPAÑA DE NEVE 2024, e remitíndoo ao correo: deportes@concellodeares.com.

Unha vez rematado o prazo de preinscrición, e no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas dispostas (6), celebrarase un sorteo público ás 11 horas do martes día 12 de decembro na Alianza Aresana. TERÁN PREFERENCIA OS/AS RAPACES/AS QUE NON FORAN A NINGUNHA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN CON ANTERIORIDADE.

FICHA INSCRICIÓN en pdf

Pódeche interesar