Camiña pola igualdade! 8 de marzo

Comparte este evento

O Concello de Ares programa 2 itinerarios guiados a prol da igualdade de xénero o vindeiro 8 de marzo.

As cidadás e cidadáns de Ares poderán escoller o seu recorrido preferido para posteriormente inscribirse na páxina web municipal e confirmar a súa participación.

LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/hY4zjBbNCih3qUyT9.

RUTA 1: CAMIÑAMOS XUNTOS

  • 10 km. aprox.
  • 10:00 h.
  • Dificultade baixa-media.

Un itinerario guiado con saída e chegada á Praza da Constitución e atravesando a parroquia de Caamouco. Nesta ruta permítense mascotas e só poderán participar os maiores de 10 anos.

 

RUTA 2: O QUILÓMETRO DA IGUALDADE

  • 1 km aprox.
  • 12:15 h.
  • Dificultade baixa.

Percorrido accesible dende a Ponte da Ciscada polo paseo marítimo até acadar a Praza da Constitución.

 

INSCRICIÓNS

De maneira telemática en www.concellodeares.gal. As inscricións son de balde! Tes ata o 3 de marzo.

 

Pódeche interesar...

Eventos

ALIANZA ARESANA – 122 anos de historia

📜 1904 – 2026 📅 Venres, 20 de marzo Ofrenda floral 🌸 12:00 h📍 Praza de Domingo Troche 🎻 ConcertoHomenaxe á música tradicional galega 🎶

Eventos

Actividades Biblioteca – Marzo 2026

Día do Cómic – Obradoiros creativos Grupo 1 📅 Data: Martes, 17 de marzo 📍 Lugar: Biblioteca Municipal 🕓 Hora: 16:30 h 👧🧒 Dirixido a: