bicicletARES

Aluguer de bicicletas turísticas dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal

A dinamización turística do Concello de Ares, dentro dun proceso similar na comarca de Ferrolterra e o Ortegal, pasa por presentar unha oferta variada e atractiva de servizos e actividades ó visitante tentando atraer ó turismo pola calidade e a singulariedade das propostas, adaptándoas en cada caso ás peculiariedades e puntos fortes de cada vila.

O escenario natural sobre o que se asenta o noso pobo, cunha orografía cha, provistas de multitude de sendas e camiños alonxados das estradas, en moitos casos incluso paralelas as mesmas, fan da bicleta un valioso e divertido medio de transporte que vai a permitir os desplazamentos ó longo do municipio, percorrendo toda a súa paisaxe e accedendo ós lugares elexidos dunha forma sinxela, ecolóxica e saudable.

Na actualidade, o Concello de Ares dispón dunha rede de sendeiros municipais, que a través de 55 km percorren ó municipio atravesando tódalas parroquias, cunha sinalización axeitada e onde ademáis propoñense visitas a lugares de interés ben sexa polo valor artístico ( ermitas, pontes, antigas fortificacións, mosteiro, …) ou polo natural ( praias, puntas, cantís, …).

A idea de fuxir dun turismo esencialmente de praia, con grande dependencia do factor climatolóxico e por ende estacional, xunto ca evolución do mercado turístico necesitado de propostas activas de desfrute do tempo de descanso e lecer que en moitos casos poidan aplicarse a diferentes públicos por razóns de idades, sexos e mesmo culturas, fan dirixir ós nosos pasos hacia estratexias de intervención que presenten proxectos viabeis e atractivos como cremos se da “en bici por Ares: bicicletARES”. ¡Só queda pedalear!

  • Crear un servizo de promoción turística dentro do Plan de Dinamización de Produto Turístico de Ferrol e Ortegal, centrado no concello de Ares e as súas características, permitindo visitalo dunha forma ecolóxica, divertida, saudable e económica.
  • Servir de inicio para a aceitación da bicicleta como un medio de transporte.
  • Integrar a bicicleta no tránsito unbán fomentando o seu respeto dentro do marco da educación vial.
  • Facilitar o uso da bicicleta nos desprazamentos “sociais” das persoas, como pode ser o ir ó concello, ó centro de saude, ó mercado, á praia, ….. , ca implantación de aparcabicis en diferentes lugares do termo municipal.
  • Propor un tipo de vida máis saudable e ecolóxico, practicando exercicio físico “sen malos fumes”.
  • Coñecer o Concello de Ares e os seus valores naturais.
  • Pola túa seguridade circula pola dereita, e sempre que poidas polo arcén.
  • Leva o casco posto e utiliza o claleco que vos emprestamos.
  • Usa o timbre da túa bicicleta para avisar da túa presenza.
  • Pon o candado cando deixes a túa bici nun aparcabicis.
  • Ten respeto cos peóns extremando as precaucións cando circules por zonas concurridas. Ten en conta que estos sempre teñen preferencia nos cruces. Non circules por zona urbana a máis de 5 km/h.
  • En xeral recoméndase non circular a velocidades maiores de 20 km/h.
  • Respeta os sinais de tráfico.
  • Queda prohibido:
  • Conducir en praias aínda que si permítese acceder ata a praia e aparcala nela sen que se lle cause dano.
  • Ir en bicicleta baixo a influenza de bebidas alcólicas ou substancias tóxicas por riba do límite regulamentariamente permitido.
  • Transportar pasaxeiros, transladarse en bici a outras localidades.
  •  

Baixo o nome de bicicletARES, pretendemos crear un servizo municipal de aluguer de bicicletas. Con dito produto, enmarcado dentro do Plan de Dinamización Turística da vila, ofertaremos unha boa forma de coñecer o noso concello.

En principio, concíbese coma un servizo estacional, xa que tendo en conta as características do pobo e a climatoloxía, será nos meses de primaveira-verán cando máis demanda terá, aínda que cabe a posibilidade de poder ofertalo durante máis meses. Xa que logo, falamos de abrir o servizo no mes de abril, durante a Semana Santa, por ser esas datas as primeiras nas que se rexistra unha grande afluencia de visitantes ó municipio. Dende ese momento, e ata o mes de setembro incluído, será sen dúbida o período de mais forte demanda do servizo.

Poderanse alugar as bicicletas no centro cultural da Alianza Aresana e si se dispuxese no seu día dunha oficina de Turismo, tamén en dito local, estos puntos denominaranse Estacións. O horario de aluguer será de luns a venres de 9 a 14 horas pola mañá e de 16 a 20 horas polas tardes. Estudiarase a posibilidade de abrir o servizo as fins de semana no mesmo ou parecido horario.Poderase facer o aluguer da bicicleta só para a mañá, só para a tarde, ou para todo o día como máximo. Os prezos será populares e simbólicos estabelecéndose como referencia o de 2€ pola mañá ou pola tarde, e 4€ todo o día. Terase en conta o aluguer para grupos, prevéndose que a partir de tres persoas os prezos pasarán a ser de 1€ pola mañá ou tarde, e 3€ todo o día. As sillas de nenos non se cobrarán. Para poceder o aluguer ademáis de satisfacer o pago da taxa correspondente, deberase deixar na oficina o DNI orixinal, o carnet de conducir, ou o Pasaporte devolvéndose os documentos depositados, unha vez se faga entrega da bicicleta. Para proceder a entrega da bicicleta na Estación, é preciso cumplir co tempo de aluguer pactado, cabendo a posibilidade de ampliar o horario de aluguer na xornada de mañá e pasar a todo día, previa chamada telefónica o punto de aluguer (Estación), satisfacendo a diferencia de prezo unha vez se proceda á entrega da bicicleta na Estación.

Estabelecerase unha normativa de aluguer e uso do servizo de alugueiro de bicicletas municipais, que rexirá todos os asuntos relacionados ca posta en marcha do servizo. Dita normativa, xunto con toda a documentación referida a este servizo acharase en tres idiomas ademáis do galego: francés, inglés e castelán.

  • O servizo de aluguer de bicicletas ten carácter exclusivamente lúdico, para o paseo e o desprazamento polo municipio, e de fomento do uso deste vehículo e está dirixido as persoas físicas. A bicicleta destinarase a realizar percorridos polo termo municipal e preferentemente polos trazados propostos nos roteiros a tal efecto confeccionados.
  • O servizo de aluguer de bicicletas ofrecerase no Centro Cultural da Alianza Aresana e na Oficina de Información Turística, se a houbera. O horario do servizo será de 10 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, de luns a sabados. Os domingos o servizo funcionará de 10 a 13:30.
  • O servizo ofrecerase entre os meses de abril e setembro de 2007, ambos incluídos, agás:
    • Os día 22 de maio, 25 de xullo, 4,5, 11, 12 e 15 de agosto.
  • A bicicleta alugarase durante a mañá, a tarde, ou todo o día dentro dos horarios fixados. Unha vez transcorrido o tempo de aluguer devolverase no mesmo sitio onde tivo sido alugada.
  • O usuario/a do servizo de alugueiro de bicicletas, identificarase mediante o DNI, carnet de conducir ou pasaporte en vigor antes de acceder o aluguer do vehículo, debendo deixar en depósito dito documento ata a devolución da bicicleta, e pagar en efectivo a taxa estabelecida de: 2 € por aluguer en xornada de mañá ou de tarde, e de 4 € no caso de aluguer por todo o día ata as 20 horas. No caso de grupos de tres ou máis alugueres, o prezo estabelecido será de 1€ pola mañá ou tarde, e de 3€ no caso de todo o día, ata as 20 horas.
  • Os usuarios/as menores de 18 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta que encherá unha autorización para poder facer uso da bicicleta.
  • As bicicletas e os seus equipos solo poden ser utilizados polas per soas que fagan o aluguer.
  • O Concello está eximido dos danos co usuario/a poida sofrir ou producir namentras fai uso da bicicleta e non se responsabilizará dos danos ou perxuicios producidos polo uso da mesma, nen dos causados a terceiros polo usuario/a desta. O usuario/a é responsable de estar asegurado cunha adecuada cobertura contra riscos que poidan darse durante o período de aluguer .
  • O usuario/a está obrigado a ter bo cuidado así como a tomar as precaucións necesarias para a protección das bicicletas e os equipos de danos, pérdidas ou roubos. De producirense calquera ds mencionados sucesos durante o tempo de aluguer, o cliente asumirá de maneira inmediata a totalidade dos custes de reposición a prezo de mercado. Ó tempo a bicicleta devolverase no mesmo estado no que se atopou (limpa). Ó remate do período de aluguer un representante municipal determinará as condicións de entrega do material alugado e valorará no caso as perdas ou danos ocasionados. O usuario/a está obrigado en todo momento a amarrar correctamente as bicicletas ós aparacabicis cando nos están á vista ( pasando o candado polo cadro, sillín e rodas). Recoméndase en todo caso mantelas consigo mentras sexa posible.
  • No caso de calquera percance ou accidente o usuario/a deberá por en coñecemento do mesmo ó Responsabeis do servizo de aluguer municipal. No caso de roubo o usuario/a deberá realizar a denuncia diante da policía, e comunicar o feito ós responsabeis do servizo presentando a correspondente denuncia.
  • Un seguro de cobertura por Responsabilidade Civil está incluído no prezo de aluguer da bicicleta.
  • É responsabilidade do usuario/a respetar as normas de tráfico en vigor.

A Estación será un espazo onde estarán as bicicletas de alugueiro, e comporase dunha estructura metálica preferentemente en aceiro inxoxidable, cunhas mamparas de metacrilato nos laterais e no fondo co obxeto de impedir que en caso de choiva as bicicletas se mollen. En ditas mamparas figurarán os anagramas do Plan xunto co escudo do Concello, e unha alegoría da actividade. Na parte superior da Estación instalarase un tellado a dúas augas realizado con metacrilato, madeira e tella. No interior da Estación instalaranse aparcabicis en aceiro inoxidable, de xeito que cada bicicleta esté suxeita de forma individual, permanecendo asegurada a estructura mediante un dispositivo antirroubo de chave. O chan da Estación será de hormigón impreso ou pizarra, con lixeira caída co obxeto de que en caso de depositar unha bicicleta mollada ou no caso de lavado das mesmas o auga discorra hacia fora da Estación. ( No caso de poder empregar como estación os baixos da Alianza, poderiamos aforrar este concepto).

Instalaranse aparcabicis en todo o termo municipal, de cara a promover o uso da bicicleta, prestando especial atención os puntos onde serán instalados, e que tras un estudio preliminar resultan os que seguen:

  • Casa consistorial do Concello de Ares. (4 prazas)
  • Centro de Saúde. (4 prazas)
  • Praza da Constitución. (4 prazas)
  • Parque Rosalía. (12 prazas).
  • Peirao Deportivo. (12 prazas)
  • Praza da Igrexa. (4 prazas)
  • Porta do Sol, na parada do bus. (8 prazas)
  • Centro Cultural “Alianza Aresana”. (12 prazas)
  • Paseo Marítimo da Vila altura da Rampa Grande. (4 prazas)
  • Paseo Marítimo da Vila altura Clube de Remo. (4 prazas).
  • Paseo Marítimo da Vila altura Confraría de Pescadores. (4 prazas)
  • Colexio Conde de Fenosa. (16 prazas)
  • Pavillón Deportivo. (16 prazas)
  • Parada de Taxis ou Rúa Santa Bárbara. (8 prazas)
  • CIRS de Cervás. ( 4 prazas)
  • C.Outeiro de Chanteiro. (4 prazas)
  • Praza do Pedregal en Redes. (8 prazas)
  • Aparcadoiro da praia de Seselle. (16 prazas)
  • Acceso á praia de O Raso. (16 prazas)
  • Acceso á praia de Chanteiro. (16 prazas)
  • Caseta de Protección Civil na Praia do Xuncal. (16 prazas)
  • Mosteiro de Santa Catarina. (8 prazas)

 

Deste xeito habería duascentas (200) prazas de aparcabicis no termo municipal, repartidas ó longo das parroquias e dos lugares de maior afluenza de persoas.

Os aparcabicis serán modulos en forma de U invertida, de aceiro inoxidable, suxeitos ó chan por parafusos. Prevense de diferentes tamaños dende un modelo base de catro prazas, que dará lugar según o punto de colocación anteriormente sinalado a oito, doce ou dezaseis prazas de aparcamento.