Biblioteca Municipal

HORARIO

Invierno

Mañás: 9:00 a 14:00 h.
Tardes: 16:30 a 19:30 h.

Verán

Mañás: 09:00 a 14:00 h.

 

LOCALIZACIÓN

Edificio «Alianza Aresana»
Rúa María n.º 11

TELÉFONO

981 448 057

690 021 106 (Whatsapp)

CORREO

A Biblioteca Pública Municipal de Ares está sita fisicamente no edificio da «Alianza Aresá» e ofrece os seguintes servizos:

  • Biblioteca
  • Sala de lectura e estudo
  • Sección infantil
  • Sección xuvenil
  • Préstamos a domicilio
  • Actividades de promoción da lectura (contacontos, obradoiros, concursos, etc.)

 

A Biblioteca Municipal é un servizo público interesado na difusión do coñecemento e a cultura na comunidade, que traballa pola cidadanía e tenta xestionar un espazo de tolerancia e respecto cara aos demais. Así mesmo, busca en todo momento optimizar os seus recursos e aproveitar ao máximo as instalacións e infraestruturas con que conta.

 
Que se necesita para facerse socio?

Os únicos pasos que se deben seguir para facerse socio consisten en cubrir o impreso cos datos persoais, achegar una fotocopia do DNI (no caso dos máis pequenos, o libro de familia) e unha fotografía.

Unha vez que xa se é socio, pódense solicitar os libros que se queiran. Pódense pedir emprestados ata 3 libros á vez, sempre cun prazo máximo de vinte días, aínda que se pode prorrogar en caso necesario.

Un servizo moi solicitado da biblioteca é o acceso a Internet por medio do “Internet nas bibliotecas”. Gracias a el, dispoñemos de tres ordenadores fixos con esta conexión.

 
Internet nas bibliotecas

O programa «Internet nas Bibliotecas» é un servizo dirixido ás bibliotecas públicas cuxo obxectivo consiste en levar a banda ancha e o uso das novas tecnoloxías ás bibliotecas públicas. O usuario pode realizar varias actividades, sexa cos computadores da propia biblioteca, sexa cun portátil que traia el mesmo. Para usar o computador basta con introducir o nome de usuario e o contrasinal que o cidadán definiu a primeira vez na pantalla de rexistro de usuarios. Poderá realizar, entre outras, as seguintes actividades:

  • Conectarse a Internet.
  • Crear, consultar ou modificar documentos de Word, Excel, Access, Power Point, etc.
  • Consultar documentos en formato pdf (Adobe Acrobat Reader).
  • Visualizar ficheiros en formato de vídeo e DVD.
  • Un usuario pode tamén levar un periférico USB da súa propiedade para utilizalo no computador, por exemplo, unha cámara dixital para visualizar e poder gardar ou imprimir fotos, etc.
  • Cada usuario pode dispoñer de ata 8 horas gratis de conexión a Internet no portátil e unha hora no computador fixo. Pasado ese tempo, cortarase a conexión.
Dentro das instalacións dispoñemos dun servizo da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Que é unha OMIX?

É unha estrutura informativa de carácter municipal que presta servizos de información aos mozos do concello, ben directamente ou ben a través de puntos municipais de información xuvenil vinculados. Un dos servizos máis demandados desta oficina é a emisión do Carné Xove.

 
CARNÉ XOVE

Destinatarios:
Rapaces e rapazas de entre 12 e 25 anos, ambos inclusive.

Expedición:

É preciso cubrir un impreso, presentar unha foto, dúas fotocopias do DNI e pagar 6 euros nunha entidade bancaria.

Ámbito e cobertura:
O seu obxectivo é facilitar aos rapaces e rapazas de entre 12 a 25 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de múltiples vantaxes e descontos.

Permite aos seus titulares ter un acceso privilexiado a diferentes bens e servizos que abarcan varios ámbitos: cultural, aloxamento, transporte, comercio, etc.

Poderá utilizarse en aqueles establecementos e servizos que figuran na guía Carné Xove Euro-26, que se entrega gratuitamente co carné.

Validez:
Ten unha vixencia de 2 anos a partir da súa expedición.